A asociación Os Sendeiros, de Foz, organiza unha ruta ao Val do Dubra para este domingo, 18 de setembro. Trátase da ruta PR-G202 Fervenza do Rexedoiro. A saída desde Foz será ás 06:45 horas e ás 07:00 horas desde Ferreira do Valadouro.
Esta actividade inclúe o xantar e os prezos son: 50 euros para socios federados, 54 euros para socios non federados e 58 euros para socios temporais.
O prazo para anotarse remata este martes, 13 de setembro, e pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda levar equipo de sendeirismo.