Inverno

Etiquetas:
20/09/2022

Ata o 30 de setembro estará aberto o praza de matrículas nas escolas deportivas de inverno, que organiza o Concello de Ribadeo. Vanse impartir once modalidades. 

A concelleira Mónica Freire explica que “outro ano máis vimos de abrir o prazo de matrícula das escolas deportivas desde onte, luns, e ata o día 30 deste mes. O inicio das actividades da comezo entre esta semana e o 14 de outubro. E o fin das escolas está programado entre o 19 de maio e o 14 de xuño”. 

A edil ribadense sinala que “este ano son once as modalidades deportivas ofertadas: atletismo, baloncesto, fútbol, fútbol sala, hóckei liña, natación, pádel, patinaxe, tenis, ximnasia rítmica e tenis de mesa. As escolas deportivas de inverno están destinadas a nenas e nenos nados desde 2009 a 2018, ambos incluídos. Nas que teñen límite de prazas realizarase...

leer más
Etiquetas:
19/01/2021

A Delegación de Cultura do Concello de Ribadeo anuncia que pospón a súa programación de xaneiro e febreiro “por mor da situación da pandemia, á espera de volver a partir do mes de marzo”.

Esta fin de semana estaba  previsto que actuase na vila ribadense a cantante cubana Jamila Purofilin e que o día 31 de xaneiro a compañía teatral Chévere representase Curva España. A maiores había programados os espectáculos de Raquel Queizás e Fátima Fernández, para nenas e nenos,  que tamén terán que esperar.

 

Etiquetas:
19/09/2018

As escolas deportivas municipais de inverno, organizadas pola Concellería de Deportes de Burela, comezarán o día 1 de outubro. Están destinadas a nenos e nenas nados entre os anos 2003 e 2013. A novidade deste curso serán as rutas en bici. Ademais ofértase zumba, patinaxe artística, patinaxe lúdica, tenis de mesa e tenis. A inscrición estará aberta desde o 25 ao 28 de setembro.

O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, contou que “vimos de presentar a nova tempada de actividades das escolas deportivas municipais de inverno. Este curso imos seguir a liña na que estábamos traballando no último ano, que deu moi bos resultados. Ademais metemos algunha cousa nova como poden ser as rutas en bici, que fixemos este ano no verán e foron un auténtico éxito, polo que decidimos incluílas nas actividades de inverno”.

O...

leer más
Etiquetas:
04/12/2016
Do 16 ao 18 de decembro terá lugar o campamento de inverno que organiza Chao de Castro Altair, de Burela. A inscrición está aberta ata o día 14.
 
Chao de Castro Altair, de Burela, organiza como cada ano por estas datas, un campamento de inverno durante os días 16, 17 e 18 de decembro, dirixido a nenos e nenas 7 a 13 anos. Entre as actividades a desenvolver haberá xogos, música, cociña sendeirismo, lecer ao aire libre e con animais, tamén experiencias na natureza. 
 
Os prezos son 27 euros para os socios 45 euros para os non soci@s, inclúe transporte ou lugar de campamento e seguros, e no caso dos non socios a cota do mes de xaneiro para quen queira continuar na asociación.
 
As inscricións poden facerse no número de teléfono 685 325 153, no mail chaodecastro.altair.burela@gmail.com ou mediante mensaxe á páxina de facebook Chao...
leer más