Deportes
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza un percorrido pola Ruta das Lagoas, no municipio de Cospeito, para o 23 de abril, domingo. A distancia son 14 quilómetros e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán no restaurante Casa Paca, de Xermar.
A saída será ás 08:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 20 horas do 19 de abril, chamando ao teléfonos 619.82.87.84 ou 619.37.80.29. O prezo é de 35 euros para os socios do colectivo organizador e de 40 euros para os que non o son.
Membros da entidade organizadora, a Asociación Deportivo Cultural Praias de Comado, xunto co concelleiro de Dinamización, Dani García, presentaron no Concello de Barreiros a Carreira Popular das Praias.
O evento deportivo, que vai pola súa IX edición, comezará ás 11:00h coas carreiras infantís na praia de Altar e, a mesma hora, terá lugar a saída da andaina dende a praia de Arealonga a cal percorrerá pola area mollada todo o litoral barreirense.
Ás 12:00 horas, tamén desde a praia de Arealonga, darase a saída da carreira absoluta na cal as e os participantes deberán salvar unha distancia de 9 km de area mollada e paseo marítimo ata chegar a praia de Altar onde estará situada a meta.
A Carreira popular das praias está incluída no circuíto de carreiras populares +KmBarreiros, organizado...
leer másA asociación Os Sendeiros, de Foz, organiza unha excursión a Portugal para a fin de semana do 19 ao 21 de maio. A saída desde Foz será o venres 19 ás 16:00 horas e ás 16:15 horas desde Ferreira do Valadouro.
Os prezos desta actividade son: 180 euros para socios federados, 190 euros para socios non federados e 195 euros para socios temporais. Inclúe aloxamento en habitación dobre con pensión completa.
O prazo para reservar praza remata o 8 de abril e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Para participar nesta actividade a organización recomenda levar equipo de sendeirismo.
Burela acollerá o I Campus Mixto FutbolinLugo, que se presentou no salón de actos do Concello. Desenvolverase do 17 ao 21 de xullo no campo da Marosa e está destinado a nenas e nenos de 5 a 16 anos. No acto participaron o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, o xefe territorial de Presidencia da Xunta, Gerardo Criado, Diego Díaz da organización e Jairo Campo da SD Burela.
O edil burelés manifestou: “quero agradecer tanto a Diego como a Jairo que elixiran Burela para este primeiro campus mixto de fútbol. Desde o primeiro momento sabedes que o Concello sempre estivo colaborando con Futbolinlugo en todas as iniciativas que expuxo. De feito o primeiro All Star fíxose aquí, en Burela, e é unha iniciativa que está tendo éxito e que está desprazándose por diferentes campos. Hai que agradecer o traballo que facedes e estou segurísimo de que...
leer másO Concello de Ribadeo e a Anpa Esteo organizan obradoiros de voleibol destinados á mocidade nos meses de abril e maio. A actividade enmárcase no programa o Concello cos Coles.
Neste proxecto colaboran o IES de Ribadeo Dionisio Gamallo e a empresa de tempo libre Anacos de Lecer.
A concelleira de Cultura, Pilar Otero, dixo: “consideramos que o deporte contribúe á educación integral da mocidade, ao desenvolvemento harmónico da súa personalidade, á formación en valores e á adquisición de hábitos saudables”.
A edil ribadense sinalou que “como obxectivo ademais de adquirir destreza e coñecemento na práctica desta disciplina deportiva, o que se persegue é fomentar en todo momento a participación por riba do resultado e a concepción igualitaria”.
As datas de...
leer másO Concello de Cervo, a través da delegación de Deportes e en colaboración coa Escola de Mergullo Centro de Actividades Subacuáticas Costa Lugo, organiza unha nova xornada de bautismo de mergullo na Piscina Olímpica de Lieiro.
A actividade será este sábado 1 de abril entre as 10:30 e as 13:30 horas.
O edil de Deportes, David Rodríguez, recorda “que a piscina municipal é única na provincia de Lugo polas súas características e ofrece tódalas prestacións para levar a cabo unha actividade deste tipo que permitirá aos participantes realizar unha primeira toma de contacto con este deporte acuático”
Os interesados poden anotarse chamando ao teléfono 609.42.32.10, ou enviando un correo a info@buceocostalugo.es.
A Asociación de Comerciantes, Industrias e Autónomos de Burela e o Club Ciclista Cerezo Bikes organizan a III edición da iniciativa Enduro. Monte Castelo durante a fin de semana do 15 e 16 de abril.
Esta proba consta de 25 quilómetros nun contorno natural, 1.450 metros de acumulada, 4 circuítos cronometrados e será puntuable para a Copa Galicia.
Dende a entidade comercial queren convidar a todas as persoas amantes do ciclismo a participar nesta proba deportiva e visitar os establecementos de proximidade de Burela durante esa fin de semana, “sendo unha boa oportunidade para impulsar o comercio e a hostalería local. Invitamos a todas as veciñas e veciños da Mariña Lucense para que acudan ao evento”.
No acto de presentación, que tivo lugar no Concello de Burela, participaron o alcalde,...
leer másEste domingo día 5 en Burela a Universidade de Santiago de Compostela organiza, en colaboración co Pescados Rubén Burela FS, un ciclo de actividades para nenos e nenas de 6 a 16 anos, "Xogos cooperativos: cohesión grupal e traballo en equipo". Estas actividades forman parte do PLAN CORRESPONSABLES da USC, financiado pola Xunta de Galicia a través da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.
Diferentes dinámicas grupais de carácter lúdico destinadas ao traballo sobre os valores do deporte, integración social, igualdade de xénero, etc. Traballaranse aspectos como a comunicación e cohesión grupal, importancia de roles, cooperación, esforzo, etc. co obxectivo de que os rapaces e rapazas sexan conscientes da importancia destes aspectos no ámbito deportivo en...
leer másO Concello de Cervo será o escenario este próximo domingo, 5 de marzo da tradicional Ruta de Enduro Medela MTB, que xa vai pola XIII edición.
A cita deportiva foi presentada este mércores pola tenente alcalde, Dolores García Caramés, o edil delegado de Deportes, David Rodríguez, e polos membros do club organizador, Abel Ordás, Víctor Riera e Diego Ballesteros, na contorna da Ponte do Bao, en San Ciprián, un dos lugares polos que transcorre a carreira.
A proba, de dificultade media-alta, será de 28 quilómetros, e 1.200 metros de desnivel acumulado e permitirá desfrutar de 4 tramos perfectamente acondicionados polos membros do Club “que levan meses traballando no trazado para que ese día os amantes das dúas rodas poidan gozar dunha competición de primeiro nivel no Concello de Cervo”.
...
leer másA asociación Os Sendeiros, de Foz, organiza para o 5 de marzo, domingo, unha ruta por Navia de Suarna, onde os participantes comerán cocido. A saída desde Foz será ás 07:30 horas e ás 07:45 horas desde Ferreira do Valadouro.
Os prezos desta actividade, incluído o xantar de cocido, son: 40 euros para socios federados, 45 euros para socios non federados e 50 euros para socios temporais.
O prazo para anotarse remata o 28 de febreiro e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda levar equipo de sendeirismo.
Os organizadores explican que “es una hermosa ruta en un paraje muy bonito y...
leer más