Este luns, día 30 de decembro, presentáronse as primeiras Xornadas de Tecnificación de Bádmintón Escolar A Mariña, que se levarán a cabo no Ceip Pedro Caselles Rollán, de Xove, os días 2 de xaneiro (de 16 a 19 horas) e 3 de xaneiro (de 11 a 14 horas). No acto estiveron Demetrio Salgueiro, alcalde de Xove; Cristina Iglesias, concelleira de Deportes; José Manuel Blanco, presidente da ACD Xove; e Pedro Esmorís, adestrador e representante da AD San Roque.
Estas xornadas están organizadas pola ACD Xove co patrocinio do Concello de Xove e a colaboración da Xunta de Galicia- Deporte Galego- Xogade, Badminton Galicia e AD San Roque.
A inscrición é gratuita e poderán participar todos aqueles/as deportistas que practican o bádminton ou aqueles que estean interesados no mesmo; o único requisito é estar inscrito dentro do programa Xogade da Xunta de Galicia nalgunha modalidade deportiva.