Novembro

Etiquetas:
06/11/2024

O Teatro Pastor Díaz acollerá o sábado, día 9, a representación de “Sofá”, a cargo de Marta Alonso Tejada. Será ás 20:30 horas. 

Sofá é unha sitcom de danza con teatro, circo e música en directo que fala dunha parella.

Marta e Pablo coñecéronse bailando e xa non teñen tempo para facelo porque traballan moito. Son incapaces de parar. Cren que van solucionar os seus problemas de desconexión facendo un espectáculo de danza cun sofá. Porque o sofá é o lugar onde se atopan as parellas ao final do día para estar xuntas e descansar. Pero… sempre hai un pero. Toda interrupción é un bo motivo para continuar a súa fuxida cara a adiante. Porque parar supón enfrontarse a si mesmas e abrazar a incerteza, o baleiro. Parar para bailar, acabar para comezar.

E o domingo, día 10, Galeatro porá en escena “...

leer más
31/10/2024

O vindeiro 9 de novembro, a cidade de Mondoñedo converterase no epicentro da cultura e a música galega coa celebración do Festival Breason, organizado pola Asociación Xuvenil Xoldra. 

Este evento, que busca ser "unha xornada inesquecible" para veciñanza e visitantes, ofrecerá unha mestura única de música en directo, obradoiros artesanais e actividades tradicionais, nun "ambiente festivo e acolledor" para todos os públicos. 

Entre as actuacións máis agardadas, destaca a presenza dalgúns dos grupos máis relevantes da escena musical galega, como Ortiga, Cool Nenas, Terbutalina, De Ninghures, Brassica Rapa, e a sempre animada Duendeneta, que se encargarán de poñer banda sonora a esta xornada. Tamén contarán coa que definen como "a máis especial das actuacións": o 9 de novembro veremos o comezo nos escenarios da...

leer más
27/10/2024

O Concello de Alfoz anuncia que “comeza o mes de novembro e con el os sábados de teatro no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz ás 20 horas, con entrada de balde. Desta volta con diferentes propostas de comedia para todos os públicos e para todos os gustos”.

O día 2 a obra que se representará é a titulada "Coa música a outra parte",  da compañía Trécola producións, de Pol. “Empezamos o mes do teatro cunha proposta un tanto diferente, unha comedia de monicreques con música en directo, apta para todos os públicos, que fará rir aos máis pequenos e aos non tan pequenos.

O sábado 9 representarase "Rosalía Café", da compañía A Adala Futura, de Foz. “Os de rapaces máis novos da asociación A Adala, de Fazouro, farannos rir con esta comedia na que unha rapaza de aldea decide marchar á capital para buscarse a vida”.

O día 16 a obra é "Era boa se...

leer más
Etiquetas:
03/10/2024

Carlos Blanco e Xosé Antonio Touriñán están de volta cun novo espectáculo de Somos Criminais, o proxecto máis exitoso dos últimos tempos do teatro galego. Os dous humoristas regresan con esta nova entrega na que poñerán punto e final á súa particular busca do que nos fai ser criminais. 

Dirixida por Tito Asorey e con textos de José Prieto, Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán, en Somos Criminais e punto final os dous cómicos están ao mando dunha misión espacial moi particular: Falta pouco máis dunha hora para a fin do mundo. En Galicia, unha nave, a Arteixo II, está a piques de despegar cuns poucos elixidos a bordo en dirección a un planeta onde empezarán unha nova vida. Os capitáns da nave, Carlos Blanco e Touriñán, son os encargados de que a evacuación se leve a cabo con éxito e de meter nesta Arca de Noé galega todo o noso patrimonio humano...

leer más
24/09/2024

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo unha reunión con representantes do Concello de Mondoñedo e da asociación xuvenil Xoldra aos que lles confirmou o apoio do Goberno galego para a terceira edición do festival BreaSon, que se celebrará na localidade mariñá o venres 8 e o sábado 9 de novembro.

O festival contará coas actuacións de recoñecidas bandas e artistas da música galega actual, como Terbutalina, Cool Nenas, De Ninghures, Brassica Rapa, Ortiga, a Duendeneta ou as Meniñas da Mariña, e tamén da banda municipal Pascual Veiga. Haberá ademais actividades complementarias para todas as idades, como a celebración dun magosto popular.

A Xunta colaborou xa economicamente nas edicións anteriores deste festival, que se celebrou por primeira vez en novembro de 2022 coincidindo coa conmemoración...

leer más
Etiquetas:
21/11/2023

A asociación Irmandade San Caetano, de Celeiro de Mariñaos (Barreiros), organiza un magosto para este domingo, 26 de novembro, nas escolas desa parroquia. 

As actividades empezarán ás 13:00 horas cunha sesión vermú amenizada polo grupo Condensadores de fluzo. Ás 14:00 horas comezará a comida, na que servirán empanada, bolo preñado, panceta, castañas asadas, pan, viño, refrescos e café. O prezo é de 15 euros e para participar hai que reservar antes do venres. O evento rematará cunha chocolatada.

A organización anuncia que “o domingo 26 nas Escolas de Celeiro de Mariñaos despediremos o mes de novembro cunha xuntanza das que nos gustan: comida, bebida, música e bo ambiente”.

Etiquetas:
20/11/2023

A artesanía será a protagonista de A Mariña en Ruta a vindeira fin de semana en Ribadeo e en Mondoñedo. Tamén está programada a Xeoruta do Perdouro, en Burela. 

O sábado, día 25, terá lugar un obradoiro de coiro con Raíces Nómadas, en Ribadeo, que acaba de ser nomeado como finalista aos Premios Artesanía de Galicia, coa súa peza Nasa, un bolso de man que reinterpreta a tradicional nasa galega, nunha homenaxe á cultura marítima de Galicia. Os asistentes, coas indicacións de Ezequiel Franchi, terán a oportunidade de elaborar un porta botellas de coiro para levar colgado da ombreira ou enganchado nun bolso, mochila ou pantalón.

Para o domingo está prevista unha visita a Mondoñedo e ao seu legado. Os asistentes poderán achegarse ao traballo dos artesáns do barrio de Os Muíños, ademais de gozar da historia da Cidade...

leer más
Etiquetas:
16/11/2023

O vindeiro sábado, 18 de novembro, ás 20 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz o Grupo de Teatro do Hula representará “Asasinato na tenda de roupa”.

O grupo de teatro comezou a súa andaina alá polo ano 1993. En principio as súas actuacións transmitíanse polo circuíto pechado do antigo Hospital Xeral para contribuír a humanizar a convalecencia dos enfermos. Co tempo as representacións comezaron a facerse en aberto, contando coa asistencia do público que acudía ao salón de actos do propio hospital. 

Sinopse: Dona Katiusca ten unha tenda de roupa, que dirixe cunha actitude claramente tiránica. Na vida desta muller agóchanse unha chea de maldades e trampulladas. Un día calquera, a tenda énchese de clientas. Todo transcorre con normalidade ata que se descobren varios cadáveres. A situación complícanse...

leer más
16/11/2023

Este próximo sábado, 18 de novembro, O Grupo de Teatro Ardora presentará a súa obra “Aire fresco”, no auditorio da Casa da Cultura, en San Ciprián, ás 19:00 horas.
 
Trátase dunha peza teatral escrita por Francisco Piñeiro e diirixida por María Paz Rodríguez.

A representación enmárcase no Circuíto de Teatro Afeccionado 2023 da Deputación Provincial de Lugo.

Etiquetas:
15/11/2023

A Mariña en Ruta seguirá a vindeira fin de semana por Viveiro e por Ourol. 

A Mariña en Ruta é un proxecto que está promovido pola Mancomunidade de Concellos coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo. De outubro a novembro foron programadas 16 actividades, unha por cada concello que conforma o xeodestino e onde a artesanía da comarca ten un papel destacado. 

A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, explica que “a vindeira fin de semana temos previstas dúas actividades. O 18 de novembro será o obradoiro de cerámica en Viveiro con Otero Regal. Os asistentes terán a posibilidade de coñecer de preto como Regal fai unha peza de cerámica para despois intentalo eles mesmos. E o 19 de novembro terá lugar un paseo polo patrimonio indiano de Ourol, que será guiado por Noela Feal”. 

... leer más