Novembro
A Escola Oficial de Idiomas de Ribadeo celebrará un magosto este xoves, 16 de novembro, ás 18:00 horas. Será diante das instalacións do centro educativo.
Haberá castañas asadas e actuación de música tradicional a cargo da asociación ribadense Amigos da Gaita Galega.
A Casa da Cultura burelense acolle unha exposición de castelos tenebrosos realizados polo alumnado e as familias do CEIP Vista Alegre de Burela.
Esta mostra está na sala de exposicións da planta baixa ata o 15 de novembro e pode visitarse de luns a venres de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 horas.
Mañá, 4 de novembro, ás 19:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico, o Grupo Teatro Baixo a Area vai por en escena a obra Poeta en Nova York. Trátase dunha adaptación teatral da celebérrima obra de F. García Lorca. Esta actuación pertence ao Circuíto de Teatro Profesional 2023 da Deputación de Lugo e conta coa colaboración do Concello de Xove. Entrada libre e para todos os públicos.
Teatro Baixo da Area presenta unha adaptación teatral de Poeta en Nova York, de Federico García Lorca, unha obra permanentemente moderna e de irremediable actualidade, nunha proposta escénica contemporánea, abordando as temáticas e os conceptos presentes no poemario dende a experimentación e a honestidade. O público viaxará con Lorca por un Nova York nada lonxano aos temas actuais da nosa sociedade, vinculándoos coa nosa realidade actual e recollendo a súa...
leer másA Mariña en Ruta seguirá os días 4 e 5 de novembro por Lourenzá, Mondoñedo e Trabada. A andaina prevista para mañá, día 1, en Xove: De Morás a Portocelo, os cantís esculpidos polo mar, foi aprazada por mor da mala previsión meteorolóxica.
A Mariña en Ruta é un proxecto que está promovido pola Mancomunidade de Concellos coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo. Desde outubro e ata finais de novembro están programadas 16 actividades, unha por cada concello que conforma o xeodestino e onde a artesanía da comarca ten un papel destacado.
A pasada fin de semana, os días 28 e 29 de outubro, tiveron lugar a ruta a través de San Cibrao e o seu mar e a ruta dos Fornos e Mina Consuelo na Pontenova. “Esta edición do programa de visitas e rutas guiadas pola Mariña Lucense está a ter unha boa acollida, a...
leer másA asociación Amigos da Gaita Galega, de Ribadeo, prepara un magosto para o sábado 11 de novembro a partir das 18:00 horas. Será na rúa Rodríguez Murias da vila ribadense, que está na zona coñecida como Cuatro Calles.
Os organizadores anuncian que haberá castañas, chocolate quentiño e moita música.
A Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo organiza o magosto que se celebrará no pavillón municipal de Alfoz o 11 de novembro, sábado, a partir das 21:00 horas.
Haberá chourizo, lacón asado, pan, castañas, viño, auga e café, ademais dunha actuación musical. Para participar hai que reservar a través dos teléfonos 657.109.592 ou 603.895.753. O prazo remata o 8 de novembro.
Para esta actividade a asociación O Castelo conta coa colaboración do Concello de Alfoz, da Deputación de Lugo e da Xunta de Galicia.
A asociación cultural O Picato, de Trabada, organiza un nova edición do seu tradicional magosto para o 4 de novembro, sábado, ás 22:00 horas no pavillón municipal de Trabada.
Para comer haberá lacón asado con patacas cocidas, empanada de bonito e bolos preñados, ademais de castañas, que serán de balde.
O evento será amenizado polo cantante Jorge Menéndez.
A asociación cultural O Pasatempo, de Mondoñedo, organiza un magosto tradicional para o 4 de novembro, sábado. Esta previsto que sexa na Praza do Concello, pero se chove trasladarase aos soportais da catedral mindoniense. Haberá castañas, viño e chocolate.
As actividades empezarán ás 17:00 horas con merenda e decoración terrorífica. Ás 18:00 farase truco ou trato de Samaín polas rúas do centro de Mondoñedo e a partir das 19:30 horas desenvolverase o magosto tradicional amenizado coa música de Os Carricantos.
A segunda edición do festival BreaSon, organizado pola asociación xuvenil Xoldra e o Concello de Mondoñedo, celebrarase na cidade mindoniense o 4 de novembro, sábado.
Neste evento musical actuarán Catuxa Salom, Los Rastreadores (Ortiga&Grande Amore), Fillas de Cassandra, Grande Osso, Ruxe Ruxe e The Skarnivalvs.
Haberá tamén outras actividades como sesión vermú, magosto, xogos populares para picarxs e acampada interior.
A Delegación de Igualdade e Muller e o Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello de Burela anuncian o programa de actividades que se desenvolverá ao redor do 25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres.
O Concello dá continuidade un ano máis ao Concurso de Microrrelatos “25 de novembro”, que cumpre xa a súa décimo quinta edición. Haberá dúas categorías, unha para menores de 18 anos e outra para persoas de 18 en adiante. Pódense consultar as bases na sede electrónica do concello, no Taboleiro de Anuncios, accedendo a través da web municipal burela.org. O prazo de presentación remata o 18 de novembro ás 15 horas.
Tamén haberá actividades destinadas á información e concienciación social, como a campaña da Xunta de Galicia Agresión OFF, que pretende sensibilizar sobre...
leer más