Novembro
O mercado de outono organizado polo Concello de Riotorto, que se celebrará este domingo no pavillón polideportivo contará con máis de 20 expositores. A principal novidade será un obradoiro de elaboración de sidra. O alcalde, Federico Gutiérrez Estoa, explicou que “este domingo vamos celebrar o mercado de outono, que é un dos que facemos cada tres meses, en cada unha das estacións do ano. Levamos xa seis anos con estes mercados que naceron para darlle saída aos excedentes dos pequenos produtores locais e que supoña un complemento para as economías dos agricultores do municipio. Pensamos que xa está consolidado e hai máis de 20 inscritos para expoñer e vender os seus produtos”.
... leer más
A Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade convoca o IV Concurso de Lemas e o VIII Concurso de Microrrelatos con motivo da celebración o vindeiro 25 de novembro do día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. A recepción de traballos remata o 19 deste mes.
O obxectivo do IV Concurso de Lemas é “transmitir a través de mensaxes curtas a importancia da educación en igualdade e da necesidade da eliminación da violencia contra as mulleres”, segundo explica Diana Durán. Nesta cita poderán participar todas as persoas empadroadas en Burela e cada unha pode enviar ata un máximo de 5 lemas, que deberá remitir á seguinte dirección de correo electrónico: cim@burela.org, indicando que é para o IV Concurso de Lemas e incluíndo o seu nome completo,...
leer más- « primero
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4