Novembro
Por Valadouro, Lourenzá, Trabada e Foz seguirá A Mariña en Ruta en novembro. A Mancomunidade ven de presentar os roteiros do vindeiro mes para os que está aberta a inscrición.
O 1 de novembro terá lugar a Ruta dos Pozos, no Valadouro. Os participantes poderán percorrer a ribeira do río Ferreira, onde se encontra a fermosa fervenza do Pozo da Onza e todo o seu entorno poboado de flora e fauna autóctona. Esta actividade estará guiada por Pedro Rolle.
O día 5 A Mariña en Ruta seguirá con O Conde Santo e o fenómeno medieval da peregrinación (Lourenzá). Esta ruta que mestura a cultura e a natureza da man de Lidia de la Fuente levará aos participantes polas terras do antigo Mosteiro de San Salvador de Lourenzá, dende a igrexa de San Salvado, onde se atopa o sarcófago do Conde Santo, ata o Pazo de Tovar, símbolo de poder...
leer másA asociación Patrimonio Laurentino, en colaboración co Concello de Lourenzá, organiza as xornadas Novembro Cultural, que consisten na presentación de 4 libros durante este mes. A primeira delas será este sábado, día 6, ás 19:00 horas no Pazo de Tovar, onde a maxistrada da Sala do Social do TSXG Isabel Olmos Pares presentará a súa obra No duerme nadie.
As xornadas foron presentadas hoxe na Casa do Concello de Lourenzá pola alcaldesa, Rocío López, e tres directivos da asociación Patrimonio Laurentino: Fina González, Vidal Martínez-Sierra e Xosé Lois Rivera.
A tesoureira da asociación Patrimonio Laurentino, Fina González, explicou que estas xornadas culturais “vanse desenvolver todos os sábados de novembro, desde o día 6 ata o 27, e comezan este sábado 6 ás 19:00 horas no Pazo de Tovar coa presentación do libro No...
leer másO Concello de Foz organiza unha programación denominada Novembro Musical, xunto a coa Escola Municipal de Música e a Banda.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “novembro comeza cargado de ritmo en Foz. A Escola de Música Municipal Arcadio Mon levará a cabo na sala Bahía dúas actuacións os días 6 e 13 de novembro ás 20 horas. A primeira será da DKBand, un combo da Escola de Música que interpreta composicións de blues, rock e pop rock. A segunda actuación será do Combo de Jazz, que nos deleitará coas mellores pezas deste xénero”.
Na presentación destas actuacións o alcalde de Foz, Fran Cajoto; a edil de Cultura, Inés López; e o director da Escola Municipal de Música, Felipe Sánchez, mostráronse satisfeitos de que se recupere a actividade musical.
Inés López deu a...
leer másA programación cultural de Burela para novembro inclúe varias representacións teatrais, a actuación de David Amor e a estrea do documental Honra. Debido ás novas restricións que aplicará a Xunta de Galicia desde o vindeiro sábado, 7 de novembro, haberá redución de aforo para asistir a todas estas actividades.
O vindeiro domingo, día 8, Ibuprofeno Teatro representará a obra O mel non caduca. Será no Auditorio Municipal ás 19:30 horas e o prezo da entrada é de 4 euros.
O sábado 14 David Amor presentará o seu monólogo Love está en el aire. Terá lugar no Auditorio Municipal ás 20:30 horas e o prezo da entrada é de 4 euros.
O sábado 21 a compañía Teatro Andanzas porá en escea a obra Olvida los tambores. Será no Auditorio Municipal ás 20:30 horas. E o domingo 22 tamén no Auditorio Municipal...
leer másContinúan as rutas de A Mariña en Ruta programadas para este outono, unha iniciativa que a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense puxo en marcha co apoio da Axencia de Turismo de Galicia e da Deputación de Lugo e que coordina a empresa de ecoturismo Maremasma. Este mes de novembro o ente propón descubrir centros históricos, portos baleeiros e bosques autóctonos cheos de cogomelos, coma sempre, da man de guías e axentes locais.
Desde a Mancomunidade explican que “debido á actual situación e ao nivel 2 de restricións no que se atopa Galicia para a organización deste tipo de actividades as prazas dispoñibles tiveron que verse reducidas a 4 persoas mais o guía. Ademais do uso obrigatorio de máscara e da pertinente distancia de seguridade”.
A primeira das rutas de novembro terá lugar o día 7 a partires das 10:30...
leer másO Concello de Foz, a través da Delegación de Servizos Sociais que dirixe a concelleira Mercedes González Alonso, organiza cursos de pilates, de zumba e de bolillos. Os tres comezarán a segunda semana de novembro e terán unha duración de cinco meses.
O curso de pilates desenvolverase os luns e mércores ás 16:30 horas no baixo do Centro Social. Empezará o día 6 de novembro, luns, e o prezo é de 15 euros ao mes.
O de zumba terá dous grupos que terán as clases os martes e xoves, pero un será as 16:30 horas e o outro ás 21:00 horas. Nos dous casos impartiranse no Centro Social, pero o primeiro será no baixo e o segundo no cuarto andar. Comezará o 7 de novembro, martes, e o prezo é de 15 euros ao mes.
E o de bolillos desenvolverase os mércores ás 15:20 horas no cuarto andar do Centro Social....
leer más
O Concello de Burela continua coa súa programación cultural para este outono 2014 e presenta este sábado, 15 de novembro, a obra Contos de medo que deixan durmir, á cargo da compañía A Trastenda dos Contos con Caxoto Contacontos. O espectáculo, dirixido ao público infantil e familiar, dará comezo ás 17:30 horas horas na Casa da Cultura de Burela.
O espectáculo Contos de medo que deixan durmir é unha historia que aborda coma tema principal o medo na infancia. Para logralo, sérvese de historias que contan os propios nenos para aprender a rirse do medo e lograr converter este...
leer más
A Biblioteca Municipal de Foz organiza, en colaboración coa Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia, un concerto de fado en galego para este sábado, 15 de novembro, a cargo dos músicos Gonçalo Guerreiro e Dani Pais. O acto terá lugar ás 20:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Foz baixo o título Os sons do vento que pasa. Está dirixido a público de tódalas idades e, coma noutros actos anteriores organizados a través do programa de dinamización lingüística FalaRedes, a entrada será libre e de balde ata completar aforo.
Con esta proposta da Biblioteca Municipal de Foz, o público en xeral poderá gozar da música en galego a través dun coidado...
leer más
A Delegación de Cultura do Concello de Foz celebra o mes da música para conmemorar a festividade de Santa Cilla con tres concertos.
A primeira desas actuacións será este venres, día 14, ás 20 horas na Casa da Cultura e correrá a cargo da Big Band de Foz. A segunda será o sábado 22 ás 20 horas na Sala Bahía e actuará a Banda de Música de Foz e a terceira terá lugar na Casa da Cultura o venres 28 ás 20 horas a cargo da banda infantil de jazz For Fun, do Conservatorio de Fingoi (Lugo...
leer más