viaxando

18/06/2024

Burela acolle, no parque de Rosalía de Castro, a exposición de arte na rúa 'Viaxando', organizada por Afundación. Esta mostra itinerante, que conta con pezas das coleccións de arte de Afundación e Abanca, estará dispoñible para a súa visita ata o día 10 de xullo, tras o cal seguirá percorrendo diferentes localidades galegas.

Nas diferentes obras da exposición aparecen reflectidos diferentes lugares de todo o mundo, co obxectivo de permitir ás persoas que visiten a mostra desfrutar de viaxar a través da arte. A cronoloxía das pezas vai dende finais do século XIX ata a actualidade, e cada unha delas vén acompañada dun breve texto divulgativo escrito pola crítica de arte Mercedes Rozas.

A alcaldesa de Burela, Carmela López, destaca que "estas iniciativas permiten desfrutar de xeito gratuíto da arte nas nosas rúas,...

leer más
Etiquetas:
07/06/2024

Afundación, ABANCA e o Concello de Burela asinaron este venres, 7 de xuño, un convenio de colaboración para a realización da exposición «Viaxando. Coleccións de Arte Afundación e ABANCA», a súa nova aposta pola divulgación das súas coleccións de arte. Trátase dunha exposición de rúa que se poderá visitar na localidade, no Parque Rosalía de Castro, do 14 de xuño ao 9 de xullo. Á sinatura, celebrada na Casa do Concello do Carballiño, asistiron alcaldesa do Concello de Burela, María del Carmen López Moreno; o coordinador institucional de ABANCA en Lugo, Óscar Rodríguez Rodríguez; e Beatriz Fernández-Anguiano, coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo.

Co obxectivo de amosar as coleccións de arte de ABANCA e Afundación fóra das súas sedes, Afundación deseñou unha exposición de rúa que permite encher as prazas de diferentes localidades galegas coa creación dalgún...

leer más