Ribeira Sacra

26/05/2024

A asociación cultura O Picato, de Trabada, organiza unha excursión á Ribeira Sacra para o día 7 de xuño, venres. Para participar hai que anotarse antes do 3 de xuño. O prezo para os socios do colectivo organizador é de 45 euros e as persoas que non o son deberán pagar 55 euros.

“Temos o pracer de anunciarvos a primeira excursión que realizaremos, nesta ocasión visitaremos a Ribeira Sacra. Sairemos da praza do Concello de Trabada en autobús ás 8 da mañá, faremos un percorrido completo en catamarán e tren, visitaremos unha bodega de viño e xantaremos nun restaurante da zona. A hora aproximada da volta será polas 9 da noite. Recordade que as prazas son limitadas”, explica a organización.

20/03/2023

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, anunciou este luns que os catamaráns da Deputación de Lugo están xa preparados para a nova tempada de rutas fluviais pola Ribeira Sacra tras ser sometidos a unha revisión, arranxo e mellora integral, uns traballos que forman parte do encargo á empresa pública Tragsa, medio propio da institución provincial, para a prestación do servizo turístico este ano.

García Porto destacou a importancia da posta a punto das catro embarcacións “co  obxectivo de queestean en perfectas condicións, e cumpran con todas as garantías de calidade e seguridade para o desenvolvemento da tempada”. Os traballos de mantemento realízanse anualmente, pero é necesario unha supervisión de maior calado cada cinco anos.

Desta forma, as embarcacións xa se atopan...

leer más
Etiquetas:
02/05/2019

A asociación cultural A Pomba do Arco organiza o domingo 16 de xuño unha viaxe polo patrimonio histórico, artístico e natural da Ribeira Sacra guiado polo escritor Lois Diéguez, autor de diversos libros de viaxe sobre esta comarca.

O programa é o seguinte:

1. Monforte de Lemos

· Monte de San Vicente: Palacio e Torre. Fortaleza dos Castro. Igrexa e convento de San Vicente. Panorámica ao Val de Lemos e Ribeira Sacra. A historia nace aquí.

· Paseo desde San Vicente ao Convento da Compañía ou dos Escolapios, pasando polo burgo medieval, Muralla e Portas, igrexa de San Domingos, Calexa, rúa do Cardeal, Río Cabe, Ponte Fontecha e Convento dos Esclapios.

2. O Saviñao. Río Miño.

... leer más