Ribadeo
Dentro do ciclo Concertos no Galiñeiro, vinculado ao Vendaval Fest, o grupo ribadense Kornucopia actuará no Cine Teatro de Ribadeo este sábado, día 22 de marzo. A apertura de portas está programada para as 22:00 horas e despois da actuación de Kornucopia haberá foliada aberta co colaboración da asociación Amigos da Gaita Galega.
A entrada anticipada ten un prezo de 6 euros e está dispoñible en www.vendavalfest.com/galiñeiro. Na taquilla custará 8 euros, pero para os menores é gratuíta.
No acto de inauguración, previsto para este sábado ás 12:30 horas, participarán catro voces da música galega que interpretarán O noso canto.
A concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, dixo que “dentro da programación do 8M deste ano, chega a nós a exposición Mulleres x Mulleres que inauguraremos este sábado 22 ás 12:30 do mediodía no Campo de San Francisco.
A edil ribadense explicou que “é una exposición que quere render homenaxe a mulleres ribadenses de nacemento ou adopción en diversos ámbitos: na ciencia, no deporte, na música, na política, na filantropía, no comercio... É unha exposición que é un principio, pero que non está pechada. Queremos visibilizar ás mulleres ribadenses para que outras que veñen detrás saiban que poden transitar por onde elas queiran, que poden abrir camiños, ou seguir os que outras...
leer másDo 28 ao 30 de marzo terán lugar en Ribadeo as xornadas gastronómicas do peixe espada. Están organizadas por Acisa coa colaboración da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela. Na cita gastronómica participan 15 locais hostaleiros.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, contou que “como di o slogan do 28 ao 30 de marzo en Ribadeo trunfan espadas. Esa fin de semana terán lugar as xornadas gastronómicas do peixe espada de Burela nas que participarán 15 locais hostaleiros asociados a Acisa Ribadeo, que van ofrecer tapas e pratos preparados con este peixe capturado polos barcos do porto burelés. Grazas á colaboración da OPP-7 Burela puidemos desde Acisa organizar esta nova cita. A OPP facilítanos de forma gratuíta 75 quilos de peixe espada que imos distribuír entre os bares, mesóns e restaurantes que participan nestas xornadas...
leer másDesde a Área de Igualdade a súa responsable, Begoña Sanjurjo, explica que “desde o 19 de marzo ata o 4 de abril podedes participar neste concurso e compartir a vosa visión sobre a igualdade de xénero. Buscamos fotografías que reflictan a igualdade desde calquera perspectiva: corresponsabilidade no fogar, deporte en igualdade, conciliación laboral... A vosa creatividade será a protagonista”.
A edil ribadense indica que “participar é moi sinxelo. So tedes que enviar as vosas fotografías por email a cim@ribadeo.gal poñendo como asunto: Obxectivo Igualdade 2025: Qué para ti a Igualdade? Desde esta Concellería queremos animarvos a participar e a amosar a vosa visión sobre a igualdade”.
O concurso establece os seguintes premios:
- Categoría A (12-17 anos): 250 € + Diploma....
O poemario titulado Laídos Cardíacos, de Lucía Ferro, será presentado en Ribadeo este venres, día 21 de marzo. O acto será ás 20:00 horas na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, que está na rúa Antonio Otero, 19, da vila ribadense.
Haberá un recital poético con acompañamento musical, a cargo de José Manuel Ventoso á guitarra. E ademais intervirá Antonio Gregorio.
Mañá, 19 de marzo, ás 20 horas o Salón dos Alcades do Concello de Ribadeo acollerá a proxección de “A Nave das Marías”, de Cris Andina.
Dende a Área de Igualdade do Concello de Ribadeo convidan a asistir á devandita proxección de “A Nave das Marías”, documental finalista dos Premios Mestre Mateo, que explora o teatro como ferramenta de intervención social.
Esta obra, creada dentro dun programa da ONG Ecos do Sur, dá voz a mulleres migrantes, ofrecendo un espazo de participación e visibilización para impulsar a sensibilización en cuestións de xénero.
Tras a proxección, haberá un coloquio coas directoras Saamira Ganay e Cris Andina, unha oportunidade única para coñecer máis sobre o proxecto e o impacto do teatro na igualdade.
A actividade enmárcase na...
leer másEn Ribadeo abrió recientemente un establecimiento dedicado a la repostería personalizada y también es cafetería. Está en la calle San Francisco, se llama Aware Cakes y acaba de integrarse en la Asociación de Comerciantes, Industriales, Servicios y Autónomos (ACISA) de Ribadeo.
El propietario del establecimiento es Manu Aragón, que nació hace 39 años en Gijón y lleva una década viviendo en Ribadeo. “Vine para pasar un fin de semana y aquí me quedé. Siempre me he sentido muy bien acogido en el pueblo y a lo largo de estos años he trabajado en una conocida pizzería y en un hotel. A raíz de la pandemia y el confinamiento decidí abrir una pequeña tienda online para vender materiales de scrapbooking, que es otro de mis hobbies y mis virtudes, vinculado a un pequeño canal de youtube que tengo para enseñar esos...
leer másEste venres, 21 de marzo, comezan os Encontros de Familias Ribadeo 2025. A xornada estará dedicada á educación emocional.
Desenvolverase no centro sociocomunitario de 18 a 20 horas. Haberá servizo gratuíto de lecer simultáneo para as crianzas.
Estes encontros son un espazo para aprender, reflexionar e compartir experiencias. Están organizados pola Concellería de Benestar Social, Saúde e Familia coa colaboración da asociación Guillem Veiga Iglesias.
Os Encontros de Familias seguirán o 28 de marzo e o 4 de abril.
O pub Ribanzo acollerá o vindeiro 22 de marzo o II Torneo de Mus da Mariña Vila de Ribadeo, que reunirá a 40 parellas desde as 10 da mañá.
O evento foi presentado no Concello con asistencia do alcalde, Dani Vega, o delegado da Asociación Española de Mus en Lugo, Atxa, e Jesús Santos, gran apoio neste torneo de Ribadeo, tal e como explican desde a organización.
Xa hai 39 parellas inscritas das 40 posibles participantes. O prazo segue aberto ata o xoves, día 20. O sistema será Torneos A, B e C preclasificatorio e eliminatorias. A primeira rolda dará comezo ás 10 da mañá e a quinta está prevista para as 16:30 horas.
Os premios para os gañadores do Torneo A consistirán en invitación para o Máster Nacional 2025, que se celebrará en novembro en Marbella/Estepona (con hotel e media pensión) e 3...
leer más