O grupo ribadense Kornucopia actúa no Cine Teatro de Ribadeo este sábado, 22 de marzo

Dentro do ciclo Concertos no Galiñeiro, vinculado ao Vendaval Fest, o grupo ribadense Kornucopia actuará no Cine Teatro de Ribadeo este sábado, día 22 de marzo. A apertura de portas está programada para as 22:00 horas e despois da actuación de Kornucopia haberá foliada aberta co colaboración da asociación Amigos da Gaita Galega.

A entrada anticipada ten un prezo de 6 euros e está dispoñible en www.vendavalfest.com/galiñeiro. Na taquilla custará 8 euros, pero para os menores é gratuíta.