Ribadeo
O Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Porta da Auga, de Ribadeo, a través da Rede de Centros de Capacitación Dixital, oferta no vindeiro mes de outubro dous cursos totalmente gratuítos para a adquisición e mellora das competencias dixitais básicas da cidadanía. O primeiro será de nivel básico e comezará o día 2, rematando o 15. O segundo será de nivel intermedio e desenvolverase dende o 16 ao 29. Ambos os dous de 16 a 19 horas, aínda que o horario pode ser flexible.
O CIFP Porta da Auga explica que se trata de “cursos de 30 horas que, unha vez superados, conducen á acreditación da cualificación de nivel 2 do Sistema Nacional de Cualificacións Profesionais Dixitalización aplicada á contorna profesional (IFC748_2), válida para bolsas de emprego, oposicións ou concursos. Para realizar os cursos só é preciso non estar nese momento...
leer másEste sábado, 28 de setembro, terán lugar os actos centrais de celebración do cuarto centenario da construción do primeiro Forte de San Damián. Haberá unha exposición, visitas guiadas, música e teatro.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, contou que “neste 2024 cúmprense 400 anos da construción do primeiro Forte de San Damián. Ó longo do ano foron levándose a cabo diferentes actividades para celebrar esta data e para dar a coñecer a historia do noso Forte como visitas guiadas, conferencias, presentacións de libros…”.
A edil ribadense subliñou que “este sábado damos un paso máis e inauguramos unha exposición permanente, que é o primeiro paso para o que será o centro de interpretación do Forte de San Damián. Esta instalación estará aberta todo o día para que poida visitarse libremente ou con guía. Ás 20:30...
leer másO percorrido será duns 7 a 9 quilómetros e os participantes deberán sortear preto de trinta obstáculos. A carreira estará limitada a 12 tandas, que tomarán a saída cada 15 minutos. A primeira sairá ás 10:00 da mañá e a última ás 12:45 horas.
Haberá premios para os tres primeiros clasificados tanto masculino como feminino das categorías elite e popular competitiva. As tandas open/populares: participarán en sorteos por dorsais de distintos premios, independentemente do posto acadado na carreira.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima “a achegarse a calquera punto do percorrido a disfrutar desta carreira de obstáculos, que vai traer a moita xente a vindeira fin de semana a Ribadeo. Hai arredor de 350 participantes, que virán acompañados de familiares ou amizades co que iso vai supoñer para a nosa...
leer másDo 4 ao 6 de outubro terá lugar en Ribadeo a décimo novena edición das Xornadas Mar por Medio, que organiza a Academia Xacobea coa colaboración do Concello de Ribadeo, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e as Universidades de Santiago e de Oviedo.
O título elixido para este 2024 é o de Os Camiños de Santiago: itinerarios de espiritualidade, tradición e cultura. Ademais de conferencias e mesas redondas o programa inclúe a exposición As frechas amarelas na Oficina de Turismo, a actuación da Coral Polifónica de Ribadeo na igrexa parroquial e o concerto de Manoele de Felisa, músico, compositor e cantante.
Entre os poñentes destaca a presenza en Ribadeo do Arcebispo de Santiago de Compostela, Francisco José Prieto Fernández.
O alcalde, Dani Vega, destacou que “as Xornadas Mar por...
leer másO 22 de setembro terá lugar en Ribadeo unha nova edición da Festa do Pemento no Mercado dos Domingos
O Concello de Ribadeo organiza o próximo domingo, 22 de setembro, a Festa do Pemento.
A concelleira de Promoción Económica, Marta Saiz, subliñou que “se trata dunha tradicional xa cita enmarcada no Mercado dos Domingos, que pon en valor e da protagonismo ao pemento”.
A edil ribadense contou que “durante a mañá do domingo o público poderá disfrutar de diferentes actividades propias do mercado como unha cata, a degustación dunha deliciosa coca de pementos, unha mostra de diferentes variedades deste produto, a exposición O pemento de Piñeira, así como un obradoiro para a elaboración de batidos de froitas e verduras, música... unha morea de actividades ás que tamén se sumarán os bares da contorna que ofrecerán tapiñas especiais de pemento para os seus clientes”.
Saiz indicou: “destacar que...
leer másA Oficina de Turismo acolle ata o 3 de outubro unha exposición fotográfica da Unidade Militar de Emerxencias.
A concelleira de Seguridade, Montse Seijo, contou que “hoxe inauguramos a exposición itinerante Somos Soldados, da UME, Unidade Militar de Emerxencias, na oficina de turismo de Ribadeo. É unha exposición organizada pola UME, a súa Delegación de Defensa en Lugo e o Concello de Ribadeo. Estará aberta desde hoxe ata o 3 de outubro, de martes a sábado, en horario de 10 a 14 e de 16 a 19 horas”.
A edil ribadense explicou que “esta exposición fotográfica reproduce algunhas das actuacións máis importantes da Unidade Militar, tanto en territorio nacional como noutros países. Cada imaxe é un testimonio visual do esforzo incansable e do compromiso dos membros de UME por salvagardar a vida e o benestar dos cidadáns...
leer másRibadeo acollerá este domingo, día 22 de setembro, a actividade denominada “Na praia, música a esgalla”, con Mano Panforreteiro. É para todas as idades, pero os menores de 12 anos deben estar acompañados.
Será desde as 11:30 horas primeiro na praia do Cargadoiro e despois dentro do forte de San Damián. Trátase de recoller lixo inofensivo e materiais naturais para transformalos en obxectos sonoros e tocar, cantar e crear músicas.
Carmen Sánchez-Risco presenta en Ribadeo su libro “La primera mestiza” este sábado, 21 de septiembre
La escritora Carmen Sánchez-Risco presentará en Ribadeo su libro titulado “La primera mestiza” este sábado, día 21 de septiembre, a las 20:00 horas en la Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, que está en la calle Antonio Otero, número 19.
Además de la autora en el acto intervendrán la concejala de Cultura ribadense, Begoña Sanjurjo Santar, y José Manuel Romero Moreno.