Ribadeo
A agrupación cultural Francisco Lanza, de Ribadeo, anuncia que este venres, día 15 de novembro, a partir das 19: 00 horas na vila ribadense, comezando na rúa San Francisco (na esquina co Parque), haberá un recital de poesía en homenaxe á figura de Luisa Villalta. Será conducido polo artista Xurxo Souto que, da man do seu libro "Somos un pobo de artistas" (Edicións Xerais de Galicia), lembrará a figura de Luisa Villalta, poeta á que se lle dedicou este ano o Día Das Letras Galegas.
“Xa sabemos que non andamos alá polo mes de maio, longo e todo cuberto de flores. Pero podemos imaxinarnos que con cada folla que cae das árbores no mes de outono escrébese un poema que nos da azos para seguirmos adiante e facerlle fronte ao inverno. Sempre haberá un bo motivo para gozar da poesía”, explica a agrupación cultural Francisco Lanza.
... leer másO Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Porta da Auga, de Ribadeo, a través da Rede de Centros de Capacitación Dixital, oferta nos vindeiro meses de novembro e decembro dous cursos totalmente gratuítos para a adquisición e mellora das competencias dixitais básicas da cidadanía. Serán os últimos antes de que remate o programa da Rede de Centros de Capacitación Dixital.
O primeiro é de nivel básico e comezará o día 18 de novembro para rematar o 29 deste mes. O segundo será de nivel intermedio e desenvolverase do 9 ao 20 de decembro. Ambos os dous impartiranse de 16 a 19 horas, aínda que o horario pode ser flexible.
O CIFP Porta da Auga explica que se trata de “cursos de 30 horas que, unha vez superados, conducen á acreditación da cualificación de nivel 2 do Sistema Nacional de Cualificacións Profesionais...
leer másConcello de Ribadeo e Acisa presentan a campaña No Nadal, ti iluminas Ribadeo co obxectivo de fomentar a ambientación e a decoración navideña nos fogares e nos establecementos comerciais e hostaleiros da vila.
A concelleira de Turismo e Comercio, Marta Saiz, indicou que “o que queremos é encher de luz e de ledicia cada recuncho de Ribadeo no Nadal. Por iso animamos a todas as veciñas e veciñas a adornar os seus balcóns, os seus portais, as súas casas… para que a nosa vila estea o máis guapa posible nesas entrañables datas”.
A edil ribadense sinalou que “o que pretendemos é que toda esa ambientación particular se una á que instala o Concello e que Ribadeo sexa unha vez máis un punto de atracción turística durante o Nadal para que a xente veña ver a nosa iluminación, veña facer as súas compras, veña pasear, facer...
leer másAcisa e Gestión Gratelu asinaron hoxe un convenio de colaboración polo que a empresa ribadense estará presente na Festa do Comercio, na Gala da asociación e tamén no sorteo do vindeiro Ribadeo Indiano.
Acisa e Gestión Gratelu así o plasmaron no convenio de colaboración asinado por Pablo Posada, administrador de Gestión Gratelu, e Carmen Cruzado, presidenta do colectivo empresarial ribadense. No acto estivo presente o xerente de Acisa, Jesús Pérez.
Cruzado Iglesias tivo palabras de agradecemento: “desde Acisa queremos agradecerlle a Pablo Posada e a Gestión Gratelu o seu apoio económico, xa que van estar presentes como entidade colaboradora en 2025 na Festa do Comercio, na Gala de Acisa e no sorteo do Ribadeo Indiano”.
Pablo Posada declarou que “a sinatura deste convenio con Acisa...
leer másO libro titulado Vrao, do que é autor o xornalista e escritor coruñés Lois Alcayde Dans e as ilustracións son de Lucía Escrigas Rodríguez, será presentado en Ribadeo este venres, día 8 de novembro, ás 20:00 horas.
O acto, que se desenvolverá no Salón dos Alcaldes, na Casa do Concello ribadense, será presentado polo investigador, profesor e crítico literario mindoniense Armando Requeixo.
A Agrupación Cultural Francisco Lanza, de Ribadeo, anuncia que “até o día 23 de novembro aínda se pode ver a exposición Un percorrido polos cemiterios de Ribadeo a través do galego. Memoria viva. Lingua viva. Aproveitade esta prórroga da exposición se non puidestes pasar aínda pola Oficina de Turismo de Ribadeo en horario de apertura de ditas instalacións. Paga a pena”.
Este xoves, día 7 de novembro, na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo, será presentada a novela "Nove lúas", do mariñao Lionel Rexes.
O acto celebrarase ás 20:30 horas e participarán Farruco Graña, presidente da Agrupación Cultural Francisco Lanza, que organiza esta presentación, e o propio autor do libro.
Acisa Ribadeo, a través de APE Galicia, ofrece cursos gratuitos a sus asociados y empleados. Se trata de formación online 100% subvencionada por el Ministerio de Educación y Formación Profesional.
Estos cursos están vinculados a unidades de competencia del Catálogo Nacional de Cualificaciones Profesionales, por lo que ayudarán a los participantes a obtener el reconocimiento oficial de sus competencias profesionales. Y así, aumentar sus posibilidades de encontrar empleo, mejorar sus condiciones laborales y seguir formándose.
Estos cursos están dirigidos tanto a trabajadores como autónomos de cualquier sector o actividad, todas ellas vinculadas a Acisa Ribadeo, siendo socio o empleado de establecimientos asociados. En ningún caso podrán participar personas desempleadas.
Tendrán prioridad para ocupar las plazas...