Ribadeo

Etiquetas:
30/10/2024

O colectivo artístico ribadense As Vacas Fracas organiza foliada aberta e magosto o día 16 de novembro, sábado, no Pazo de Cedofeita, parroquia do concello de Ribadeo.

“O sábado 16 de novembro temos preparada unha xornada con obradoiros, actuacións, foliada aberta e castañas. Que non sabes bailar? Apúntate ao obradoiro de iniciación ao baile con Andrea Vilar. Que non tes instrumento? Apúntate ao obradoiro de creación de pandeiro con Xaneco Tubío. E pola noitiña actuación dos Pandeireteiros do Inferno e foliada aberta. Traede os vosos instrumentos e ide entrenando os vosos mellores puntos porque o sábado 16 en Cedofeita toca bailar, tocar, cantar e comer castañas. Haberá tamén bebidas e petiscos”, anuncia o colectivo As Vacas Fracas.

As prazas para os obradoiros son limitadas. As persoas interesadas en apuntarse e...

leer más
Etiquetas:
29/10/2024

Ribadeo acollerá o 11 de novembro un curso sobre nutrición e alimentación consciente. As persoas interesadas en participar poden anotarse chamando ao Concello en horario de mañá. 

A concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, explicou que “todos sabemos que una buena salud conlleva tener una alimentación sana y equilibrada. Para ello, con la colaboración de Afammer, Cruz Roja, Xunta y Concello, entre otros, el lunes 11 de noviembre se llevará a cabo en el Centro Sociocomunitario de Ribadeo un curso sobre nutrición y alimentación consciente, en horario de 16 a 21 horas. Para apuntarse, solo es necesario llamar al Ayuntamiento en horario de mañana”.

A edil ribadense anima a participar neste curso: “esperamos contar con vuestra presencia, ya que unos buenos hábitos alimenticios son esenciales para mantener intacta...

leer más
Etiquetas:
28/10/2024

A sala de exposicións do Campo de San Francisco, en Ribadeo, acolle desde hoxe, 28 de outubro, e ata o 10 de novembro unha exposición de pirogravados de Antonio Martínez “Pimpelo”.

A mostra denomínase “Unha viaxe por Ribadeo”. E está aberta en horario de 11 a 13 horas polas mañás e de 17 a 20:30 horas polas tardes. 

 

Etiquetas:
25/10/2024
Música, teatro afeccionado e profesional, exposicións e presentacións de libros conforman a axenda cultural do último trimestre deste 2024 en Ribadeo. 
 
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, dixo que “aínda que a programación do Nadal vai ser obxecto dunha presentación concreta, si queremos dar conta hoxe das actividades culturais que se propoñen no que queda de ano. Comezamos co xénero da música coral. Este sábado o Coro Voces Graves de Gijón actúa no Teatro nun evento que nos chega da man da Coral Polifónica de Ribadeo. Esta formación ribadense protagoniza pola súa banda os tradicionais concertos de Santa Cilla, que no convento de Santa Clara lembrará a Carlos Álvarez Fernández-Cid no aniversario número 40 do seu pasamento e o Festival de Panxoliñas neste caso na igrexa parroquial.Tamén a Banda...
leer más
Etiquetas:
25/10/2024
CARTELERA DE CINE RIBADEO HASTA EL 31 DE OCTUBRE 
 
VIERNES 25, SABADO 26 Y DOMINGO 27 
SALA 1 18:00 – 20:30 – 23:00 “ VENOM. EL ÚLTIMO BAILE ”
SALA 2 18:00 “ ROBOT SALVAJE ”
SALA 2 20:30 – 23:00 “ LA INFILTRADA ”
 
LUNES 28
SALA 1 20:30 – 23:00 “ VENOM. EL ÚLTIMO BAILE ”
SALA 2 20:30 – 23:00 “ LA INFILTRADA ”
 
MARTES 29 (DIA DEL ESPECTADOR)
SALA 1 20:30 – 23:00 “ VENOM. EL ÚLTIMO BAILE ”
SALA 2 20:30 – 23:00 “ LA INFILTRADA ”
 
MIERCOLES 30  (SIN ESPECTÁCULO)
 
JUEVES 31
SALA 1 20:30 – 23:00 “ VENOM. EL ÚLTIMO BAILE ”
SALA 2 20:30 – 23:00 “ JURADO N.º 2 ”
Etiquetas:
25/10/2024

A localidade de Vilela, no concello de Ribadeo, celebrará un magosto con concurso de tortillas de pataca o día 2 de novembro, sábado.

A partir das 20:00 horas haberá degustación de castañas, torrezmos e as tortillas que se presenten ao concurso. A participación é aberta a todos os veciños de Vilela e haberá premios sorpresa para ó primeiro, segundo e terceiro posto.

Para asistir ao magosto a organización prega inscrición previa. O prezo é de 5 euros por persoa.

24/10/2024

A compañía teatral Malasombra Producións presentará en Ribadeo este domingo, día 27 de outubro, o espectáculo titulado “Os fabulosos cleaners”, un show visual con pompas de xabón dirixido a persoas de todas as idades a cargo de Xoque Carbajal e Jouse García.

Será no auditorio municipal Hernán Naval ás 17:30 horas e as entradas venderanse na billeteira do local desde media hora antes.

Etiquetas:
23/10/2024

A Concellaría de Promoción Económica, Iniciativa Empresarial, Turismo e Comercio organiza o XIX Mercado de Nadal, que terá lugar do 30 de novembro ao 8 de decembro de 2024. O prazo de inscrición para participar está aberto ata o 8 de novembro. 

A edil de Comercio, Marta Saiz, manifestou que “xa estamos ás portas do Nadal e unha das citas referentes desas datas en Ribadeo é o seu singular e tradicional Mercado de Nadal, un mercado que ten moi boa acollida polo público, sendo xa un referente na zona. E por iso é un espazo perfecto para que os profesionais da artesanía, o deseño e a gastronomía dean a coñecer o seu traballo e talento creativo e innovador”.

A concelleira ribadense explicou que “nesta edición o Mercado levarase a cabo nas inmediacións do Parque San Francisco, onde se colocarán 25 casetas nas que se...

leer más
23/10/2024

Todo está listo para la celebración de la séptima edición de las jornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo, que tendrán lugar del 25 al 27 de octubre. Están organizadas por la Asociación de Comerciantes, Industriales, Servicios y Autónomos de Ribadeo (Acisa) y cuentan con la participación de 16 establecimientos hosteleros.

La presidenta del colectivo empresarial ribadense, Carmen Cruzado, indica que “con esta iniciativa queremos rendir homenaje a nuestras vecinas y vecinos asturianos, que muchos fines de semana del año se acercan hasta Ribadeo a tomar los vinos y los vermús, a comer, a cenar, a pasear o a comprar en el comercio local. La presencia de quienes se desplazan desde Asturias es muy importante para nosotros y por eso decidimos seguir organizando estas jornadas, que llegan a su séptima edición”.

El...

leer más
Etiquetas:
23/10/2024

A localidade de Vilela, no concello de Ribadeo, acollerá unha representación teatral este domingo, día 27 de outubro. Será na Escola da Pena ás 18:00 horas.

A Compañía Solitaria do Doutor Monifate ofrecerá a obra titulada “Badman, un home malo”. É un monólogo de 50 minutos de duración para maiores de 16 anos.