Ribadeo
A pasada media noite pechouse o prazo de inscrición para participar na X Media Maratón Ribadeo-As Catedrais, que terá lugar este sábado, 14 de setembro. A cifra é de récord, en palabras do concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent.
O edil ribadense asegurou: “estamos moi contentos cos datos de inscrición na X Media Maratón Ribadeo-As Catedrais. Pechamos a inscrición esta noite con 937 corredores e corredoras, que é un auténtico récord para esta proba”.
Silvent subliñou que “cada ano son máis os atletas que se animan a participar na media maratón Ribadeo-As Catedrais. Moitos veñen acompañados das súas familias ou de amigos e pasan a fin de semana na nosa vila, co que iso supón para os hoteis, para os restaurantes e para o comercio. Deporte e turismo van moi unidos nestes eventos deportivos, que contribúen á...
leer másA parroquia ribadense de Cubelas celebra a súa festa na honra á Virxe das Dores o día 21 de setembro.
O sábado 21 terá lugar a III Comida de Produtos da Horta e Gandeiría do Rural de Ribadeo. Ás 12:30 horas haberá unha misa solemne e procesión seguida de sesión vermú co Dúo Matices.
Ás 15:00 horas comezará o xantar cun menú composto por fabada, tenreira asada con guarnición e patacas, postre, café e bebidas. O prezo para os adultos é de 26 euros e para @s nen@s (de 3 a 10 anos) de 13€.
Ás 19:00 horas dará comezo a sesión de tarde co Dúo Matices e o Grupo Lecer. Ademais haberá inchables para os máis cativos, sorteos e sorpresas para os asistentes.
Colaboran na organización destes festexos: Concello de Ribadeo e Xunta de Galicia.
En Cine Ribadeo estrenan Romper el círculo y Bitelchús, Bitelchús. Sigue en cartelera Odio el verano
A sexta edición da Pancha, a moeda local de Ribadeo, prolongarase do 9 de setembro ao 31 de decembro
O Concello porá en circulación 260.000 panchas para trocar nos establecementos adheridos á campaña, que foi presentada esta mañá. No acto participaron o alcalde, Dani Vega, a concelleira de Turismo, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como Mª Esther García, ADL do Concello.
O rexedor declarou que “Ribadeo aposta pola Pancha, Ribadeo aposta pola moeda local para apoiar o comercio local, o comercio de proximidade. Vamos poñer en circulación 260.000 panchas para cambiar nos establecementos comerciais, tamén na hostalería do noso concello, que se adhiran á campaña. Polo tanto, estamos apostando polo comercio local, polo comercio de proximidade”.
Vega lembrou que “partíamos dun orzamento de 55.000 euros, subimos a 85.000 euros, hai un incremento orzamentario, dado que...
leer másA Coral Polifónica de Ribadeo, coa colaboración do Coro Sagrado Corazón, ofrece un concerto solidario a beneficio da Asociación Española Contra o Cancro. Será este mércores, día 4 de setembro, ás 20:30 horas no Teatro ribadense.
O prezo da entrada solidaria é de 5 euros e a taquilla estará aberta o mesmo día do concerto de 12:00 a 13:30 horas e desde as 19:00 horas.
A Coral Polifónica de Ribadeo, que con esta actuación conmemora o centenario do falecemento do poeta ribadense El Viejo Pancho, explica: “un ano máis queremos poñer o noso gran de area na loita contra o cancro cun concerto solidario, neste caso coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. Desexamos vervos a todos e todas acompañándonos por unha boa causa!”.
A Delegación de Deportes do Concello de Ribadeo organiza, xunto coa Federación Galega de Karate e o Club Karate Shito-Kai de Asturias e Galicia, un Curso de Kumite que se celebrará o 28 de setembro.
A actividade será impartida por Rubén Villaverde Canal, campión de España en catro ocasións en categoría individual e outras tantas por equipos. Rubén Villaverde foi ademais dez veces campión de Asturias, seis veces campión nacional do estilo Gensei ryu, subcampión de Europa Junior 98, terceiro clasificado junior 97 e campión de Europa cadete 95.
O curso desenvolverase no polideportivo de Ribadeo de 11:00 a 13:00 horas.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima aos amantes desta disciplina “a acudir a esta cita o 28 de setembro, que será impartida por todo un experto na materia...
leer másEste mes volven as actividades de SetembroXNatural: Baños de Mar e Froitos do Mar.
A concelleira de Turismo, Marta Saiz, adiantou este martes que “un ano máis, Ribadeo contará cunha nova edición de SetembroXNatural, un programa de actividades relacionadas co noso medio ambiente e que van dirixidas a un público familiar”.
A edil ribadense destacou “as actividades incluídas dentro de Baños de Mar e Froitos de Mar, que xiran arredor dalgún dos aproveitamentos más importantes das augas mariñas, que se fixeron no noso municipio. O mar como fonte de saúde e de vida, como xerador de recursos, como fío da nosa historia e como orixe da nosa riqueza. O mar como protagonista e nós como actores responsables”.
Saiz explicou que “Baños de Mar recordará a figura das canouras, pioneiras do noso turismo...
leer másRibadeo celebrará o I Encontro Día do Xubilado o 28 de setembro, segundo ven de anunciar a concelleira de Benestar Social, Elena Sierra.
A edil ribadense explica que “el I Encuentro del Jubilado se celebrará en la explanada de la lonja, en el puerto. Compartiremos todos juntos una comida, que será servida por Chao dos Navais. El precio por comensal será de 15 euros”.
Sierra sinala que “las entradas podrán adquirirse en el auditorio municipal, en los Servicios Sociales, desde hoy y hasta el 13 de septiembre en horario de nueve de la mañana a dos de la tarde”.
A concelleira de Benestar Social subliña que “contaremos con servicio de buses por las parroquias, uno por el interior y otro por la costa con el objetivo de facilitar que todas las vecinas y los vecinos jubilados y empadronados en...
leer másA concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, explicou que “estamos de vuelta con el programa Preto de Ti. Dentro de unos días retomaremos los talleres memoria, la gimnasia, las manualidades y el taller sobre el uso del teléfono móvil”.
A edil ribadense dixo que “la inscripción para participar en las actividades de Preto de Ti estará abierta del 3 al 15 de septiembre. Las personas interesadas deben anotarse llamando a María, la responsable de este programa, al 625 104 274 en horario de nueve de la mañana a tres de la tarde”.
Sierra subliñou que “además esta temporada como novedad vamos a tener charlas sobre salud, que serán impartidas por la enfermera de nuestros Servicios Sociales. En esas charlas abordaremos cuestiones como las curas, los hábitos saludables o la nutrición, por poner unos cuantos ejemplos”....
leer más