Ribadeo
O próximo sábado, 24 de agosto, Ribadeo retrocederá no tempo para celebrar un guateque dedicado ás décadas dos 60, 70 e 80. O evento, que terá lugar no parque de San Francisco, arrancará a partir das 20:00 horas e promete ser unha noite inesquecible para todos os asistentes.
O obxectivo desta cita tan especial é recadar fondos para as festas patronais da vila. A música das épocas douradas e o ambiente cargado de nostalxia serán os protagonistas da velada.
Ademais o domingo, 25 de agosto, o guateque continuará coa xa clásica sesión vermú, que dará comezo ás 13:00 no mesmo lugar. Unha ocasión perfecta para gozar en familia e entre amigos, rememorando os grandes éxitos musicais que marcaron xeracións.
O guateque está organizado pola comisión de festas e o Concello de Ribadeo, que contan coa...
leer másA Agrupación Cultural Francisco Lanza presentará o 29 de agosto unha edición facsímile do “Ribadeo Antiguo”. Será ás 20:30 horas na Biblioteca El Viejo Pancho.
Participarán o cronista oficial de Ribadeo, e ex presidente da AC Francisco Lanza, Eduardo Gutiérrez Fernández, un representante da Editora Gráficas Lar, de Viveiro, o deputado provincial da Mariña, Daniel García Fernández, e o presidente da Agrupación Cultural Francisco Lanza, Farruco Graña.
O vindeiro 24 de agosto celebrarase en Ribadeo a XI Malla do Trigo das Anzas organizado polo Concello de Ribadeo e pola Xunta de Galicia.
O evento dará comezo ás 10:00 horas coa instalación da maquinaria e dos primeiros mollos. Ás 11:00 horas comezará a malla, que estará amenizada polo Cuarteto Tradicional Illa Pancha e o Grupo Lume. Ás 12:30 horas terá lugar o reparto de pan, sardiñas e viño. Unha vez rematada a malla haberá unha sesión vermú a cargo do Grupo Lume, seguida da comida cun completo menú que inclúe: paella de marisco, costela de porco asada, tarta milfollas, viños, cervexa, auga, refrescos, pan, café e licores. O prezo do menú é de 26 euros, sendo gratuíto para os menores de 12 anos. A partir das 17:00 horas darán comezo os xogos tradicionais co grupo Xostramu, xunto con inchables para os nenos. Ao remate da xornada, o Grupo...
leer másO escritor e divulgador histórico Rafa Codes ofrecerá unha conferencia este xoves, 22 de agosto, en Ribadeo sobre “El galeón de Manila, la ruta que cambió el mundo”, que é tamén o título dun libro que escribiu con Silvia Ribelles de la Vega.
Este acto, organizado polo Concello de Ribadeo, será no Forte de San Damián ás 20:30 horas.
A segunda edición da Cedofestiña celebrarase na parroquia ribadense de Cedofeita o día 31 de agosto, sábado, con entrada de balde.
Haberá visita guiada ao pazo e proxección de curtas a partir das 18 horas e concertos desde as 20 horas coas actuacións de Kornucopia, Miguel Alberte e Tapete (Dj set).
Este evento está organizado polo colectivo ribadense As Vacas Fracas, que anuncia: “estamos contentísimas porque xa está aquí a segunda edición da Cedofestiña. Reserva a última finde de agosto para despedir o verán porque vai estar chulísimo. Ademais de concertazos faremos unha visita guiada ao Pazo, que rematará coa proxección de curtas e posterior coloquio”.
A segunda edición da Festa da Ría celebrarase xunto á lonxa de Ribadeo día 24 de agosto, sábado.
A Asociación Cultural e Lúdica Catro Caños, de Ribadeo, anuncia: “o pasado ano tivemos o pracer de celebrar xunto á Asociación de Percebeiros O Cerredo a primeira Festa da Ría na lonxa de Ribadeo, e vamos coa segunda. Festa para gozar dos marabillosos produtos locais que nos brinda a nosa ría ao son da mellor música tradicional”
A partir das 12:00 horas haberá degustación de mexillóns e ostras da Ría de Ribadeo, empanada e música en directo con Pandereteiros do Inferno, Tumba e Dálle e DJ Tralla.
O pavillón municipal de Ribadeo acollerá o vindeiro 25 de agosto un partido de fútbol sala feminino a beneficio da asociación Charcot Marie Tooth España.
O encontro será disputado polo Burela FSF e o Praias de Barreiros CD ás 18:00 horas. O prezo da entrada será de 3 euros. Atópanse á venda anticipada en Mayva Estétida e Galipizza en Ribadeo e tamén no bar A Ribeira en Barreiros.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “desde o Concello de Ribadeo estamos a carón de quen precise da nosa axuda e colaboración. Nesta vila temos unha veciña de 9 anos que padece esta enfermidade, que lle foi diagnosticada hai uns meses, e pareceunos unha moi boa iniciativa realizar en evento benéfico para darlle visibilidade e para recadar fondos que vaian destinados á investigación”.
... leer másO 17 de agosto terá lugar en Remourelle a XVII Festa da Carne ao Caldeiro, que organiza a asociación veciñal A Madanela coa colaboración do Concello de Ribadeo e da Xunta de Galicia.
O alcalde, Dani Vega, contou que “esta fin de semana, concretamente o sábado 17, celébrase a Festa da Carne ao Caldeiro, coa que Remourelle quere darlle un valor a un produto de proximidade, como é a carne de tenreira galega, un produto de excelencia. E dende logo nosoutros dende o Concello e tamén dende a Xunta, que nos axuda a financiar esta celebración con degustación dun produto que leva moito tempo Remourelle promocionando, como é esa carne selecta de tenreira galega que hai en Remourelle”.
O rexedor cre que “é moi importante resaltar estas celebracións, darlle valor a un produto que detrás del hai moitísimo traballo de moitos...
leer más