Gala
Este venres,14 de marzo, ás 20:30 horas terá lugar en Ribadeo a Gala do Deporte na que serán premiados 506 deportistas. Está organizada polo Concello e contará con dous invitados moi especiais: Iván Raña e Óscar Pereiro.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “neste evento imos premiar a 506 rapazas e rapaces de 16 modalidades deportivas, que son campións da Mariña, ou que acadaron podios provinciais ou galegos, ou que se atopan nos top 20 en campionatos de España. Queremos recoñecerlles o gran traballo e esforzo que hai detrás de cada unha desas medallas”.
E subliñou que “será unha cita moi especial a que imos ter no pavillón da Avenida de Luarca, xa que imos contar coa presenza de dous grandes deportistas, como son Iván Raña e Óscar Pereiro, aos que lles agradecemos a súa dispoñibilidade...
leer másO vindeiro 14 de marzo terá lugar en Ribadeo a Gala do Deporte na que serán premiados 506 deportistas. Está organizada polo Concello e contará con dous invitados moi especiais: Iván Raña e Óscar Pereiro.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “estamos ultimando os detalles deste gran evento deportivo, que se celebrará no pavillón da Avenida de Luarca o 14 de marzo ás 20:30 horas. Contaremos coa presenza de dous grandes deportistas, como son Iván Raña e Óscar Pereiro, aos que lles agradecemos a súa dispoñibilidade para poder acompañarnos nesa importante xornada”.
O edil ribadense contou que “imos premiar a 506 rapazas e rapaces de 16 modalidades deportivas, que son campións da Mariña, ou que acadaron podios provinciais ou galegos, ou que se atopan nos top 20 en campionatos de España....
leer másA concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz, explica que “estamos a traballar no programa do Entroido 2025, que presentaremos nuns días. Pero xa podemos adiantar que a Gala será o 22 de febreiro no Teatro. Lluvia de estrellas é a temática elixida para esta cita na que queremos animar a participar a todas as veciñas e veciños de Ribadeo que así o desexen”.
Saiz lembra que “na Gala do ano pasado prepararon actuacións diferentes asociacións, grupos moi vinculados ao Entroido e charangas de Ribadeo. Neste 2025 queremos animalos a todos a participar de novo e tamén ás veciñas e veciños de Ribadeo, que a título individual ou en grupo, se queiran sumar á grande Gala que terá lugar o vindeiro 22 de febreiro. O único que teñen que facer é poñerse en contacto con nós para anotarse”.
A edil ribadense agarda que “sexan...
leer másSerá a partir de las 20:30 horas. Los magos participantes serán Dani Polo, Luigi Ludus e Lola Mento.
Dani Polo (Galicia). De sobra conocido y uno de los magos más talentosos de España.
Dani recorre Europa con sus ilusiones y entre dos premios destacan el primer Premio en el concurso del Festival Internacional de Almussafes 2017, un Premio Nacional de Magia y diferentes menciones especiales por parte de las sociedades mágicas de Francia, Italia y Latinoamérica. Más tarde, en 2018, recibo en el congreso Mágico Nacional de Francia (FFAP) el premio Ali Bongo como mago joven revelación del año en Europa.
Luigi Ludus (Málaga). Luigi es uno de los magos infantiles más importantes de Europa, ha participado en los mejores Festivales alrededor del mundo y también ha escrito varias notas y libros dedicados a la magia...
leer másO Concello de Cervo anuncia: “o domingo celebraremos a gran gala do Nadal. Será a partir das 19:00 horas na Casa da Cultura e estamos a falar dun dos principais eventos do noso Nadal, porque reúne a todo o talento artístico e musical do concello: Grupo A Rebolaxe, Mistura, Cantareiras Cordenaia, Fol do Raxal, Coro de Cervo e Coral Terramar. Máis de 100 persoas en total pasarán polo escenario do auditorio no que é un momento moi especial destas festas”.
Será no pavillón municipal a partires das 19:30 horas. A Gala está organizada por ACD Xove, que conta coa colaboración do Concello xovense.
Desde a ACD Xove sinalan que “como todolos anos, a Escola de Patinaxe, organiza a Gala de Nadal, para que os familiares e amigos disfruten por un momento vendo os nen@s patinar. Estades tod@s invitados”.
O Concello de Barreiros organiza a gala final do circuíto de carreiras populares +KmsBarreiros, que terá lugar o domingo 22 de decembro ás 19:30 horas nos colexios vellos de San Miguel de Reinante. Durante o evento entregaranse 1.000 eurosen premios así como diferentes obsequios a cada atleta que participase en 4 ou máis probas en categorías absolutas ou en 3 no caso das categorías infantís.
Resultados do circuíto
Logo de celebrárense as 6 carreiras populares que conforman o circuíto; a carreira de Reis (xaneiro), a das Praias (marzo), a 1/2Km Vertical (xullo), a Benquerencia Terra-Mar (agosto), o Trail Monte Comado(outubro) e a carreira Ao Son do Masma(novembro), SoniñaCorral F. proclamouse campioa absoluta feminina con 1119 puntos e,Delio Val Villarino, campión da categoría absoluta masculina con 1180 puntos.
O venres 20 de decembro celébrase a VI Gala do Emprendemento Local no Concello de Xove. Está organizada polo Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local.
Co obxectivo de poñer en valor o talento emprendedor e o apoio ao empresariado local, no Salón de Actos municipal ás 20:30 horas o alcalde, José Demetrio Salgueiro Rapa, presentará a Gala na que intervirán Miguel e Julio López López de TALLERES SWISS AUTOS e Laura Lorca González de GLARUAL ECOSHOP.
Eles explicarán como xurdiu a súa idea empresarial, cales foron as principais motivacións, cales cren que son as súas calidades como persoas emprendedoras, cales son os puntos fortes da súa empresa, como foi o proceso de creación empresarial: avaliación da idea, busca de financiación, busca de clientela, tramitacións, axudas, os atrancos cos que se atoparon, se...
leer másO Concello de Foz organiza para este sábado, día 9 de novembro, a partir das 19:30 horas a gala de elección da raíña ou rei do Entroido 2025. A entrada será de 5 euros e este importe será doado aos damnificados da Dana, tanto na conta oficial da Generalitat Valenciana coma ao Banco de Alimentos de Valencia. Así mesmo todo aquel que queira deixar unha doazón superior tamén será recollida. “Actualmente a loxística de envíos para a zona é difícil, polo que o envío de medios económicos para subministro en zonas máis próximas é moito máis eficiente” explica o concelleiro de Festas, Ángel Fernández Neira.
Este martes, día 5, finaliza o prazo para a presentación de candidaturas e o mércores 6 coñecerase o listado de persoas que o día 9 expoñerán as súas razóns ao público asistente para ser o representante do Entroido de Foz 2025.
... leer másO evento Mondoñedo Máxico, que se celebrará na cidade episcopal do xoves 5 ao sábado 7 de setembro, contará coa participación de seis magos: Meiga Belmonte, Ninou, Deimi, Le Grand Marten, Aris e Jose Rivera.
Os tres días durante a tarde noite haberá roteiros de maxia pola hostalería local. O sábado pola mañá haberá maxia solidaria na Residencia San Rafael, no Hospital San Pablo e na Fundación Dignidade. E ese mesmo día ás 19:00 horas terá lugar na Praza do Concello unha gala de maxia.