Gala
O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acollerá o 28 de decembro unha Gala da Maxia.
A gala dará comezo ás 20:30 horas e contará coa participación dos magos Alejandro Revuelta, Martilda, Mago Paco e Mago Rafa. O prezo da entrada é de 5 euros e 3 euros para estudantes e xubilados. A reserva de entradas pódese facer a través do teléfono 982 560 162 ou rbg.cultura@viveiro.es.
O mentalista Alejandro Revuelta presenta un espectáculo baseado na nova visión do mentalismo, a través da palabra e do verso, e ven de ser galardoado en certames como Mundeca 2014.
Martilda mostra un espectáculo para toda a familia non falto de humor e reivindicación.
O Mago Paco é un dos magos galegos especializado en maxia infantil e presenta...
leer másEste venres, 17 de decembro, celébrase a III Gala do Emprendemento Local no Concello de Xove, organizada polo Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local.
Co obxectivo de poñer en valor o talento emprendedor e o apoio ao empresariado local no Salón de Actos municipal ás 20:30 horas o alcalde, José Demetrio Salgueiro Rapa, presentará a Gala na que intervirán Lucía Canoura de O Lugar das Marías e Alberto García de Signo Grupo Futures.
O evento estará amenizado pola cantautora Ugía (A Pedreira) que, ademais de cantar a canción TRISTRÁS, que a fixo televisivamente coñecida a cantora Sabela en OT, interpretará novas de recente composición. A artista focense afincada actualmente en Asturias está a piques de editar o seu novo álbum despois de 7 anos apartada do circuíto convencional da música. Chámase Segmento...
leer másO grupo teatral O Centiño, de San Martiño, organiza a quinta gala benéfica co fin de recadar fondos para Cáritas, que se celebrará o 19 de decembro ás 19:00 horas na Sala Bahía, de Foz. Contan coa colaboración do Concello de Foz.
Nesta gala o grupo de teatro Axóuxeres, de Vilaronte, representará a obra Cousas de Mulleres. Ademais actuará cun monólogo Luis Miguel Yáñez do grupo de teatro Raiolas de Alfoz.
A entrada será gratuíta e no intermedio recadaranse os donativos para Cáritas.
A asociación O Noso Foz e o Concello están dando as últimas pinceladas á gala que este sábado, día 20, dará a coñecer o nome do rei do Entroido de Foz.
A xornada estará chea de actividades dende o mediodía, no que as charangas comezarán a animar as rúas ata a hora do xantar, para o que a ACIA local e os hostaleiros se prestaron á elaboración de menús para que o Entroido estea presente en toda a vila. A concelleira de Cultura, Inés López Couto, quere “darlle as grazas ao comercio e hostalería focense, por prestarse sempre a colaborar e atender as nosas propostas. Neste caso os menús carnavaleiros estarán presentes no Chícaro, Xoyma, Tangarte, Portochico, O Rincón do Mis, Dandy, As Brasas, O Lar e Casa Damián.”
Ás 17 horas retomarase de novo a música polas rúas e na carpa instalada na praza Conde de Fontao, tamén ás...
leer másO vindeiro sábado, 16 de xaneiro, ás 20:00 horas no local da asociación Castro de Vilaronte, o Grupo Teatral O Centiño, de San Martiño, organiza unha gala solidaria para recadar fondos para Cáritas. O colectivo representarán a obra "Vaia faena, a corentena", unha historia baseada en feitos reais ocorridos durante o confinamento polo Covid-19.
Respectaranse a medidas de seguridade pola pandemia, polo que haberá prazas limitadas. Haberá que reservar chamando ao teléfono 636664210.
A asociación cultural O Centiño Foz organiza a gala solidaria 2020 en beneficio de Cáritas, que se celebrará o sábado 12 de decembro, na Sala Bahía, de Foz, ás 18:00 horas.
O grupo de teatro O Centiño presentará a súa obra Vaia faena, a corentena. No descanso, Noé Recalde actuará co seu monólogo Vinte e catro horas sen taberna.
A entrada será gratuíta, con aforo limitado, e no descanso recolleranse doazóns para Cáritas.
A reserva de entradas debe facerse no número de teléfono 677 435 148.
O Concello de Foz colabora na organización deste evento.
Acisa ultima os detalles da IX Gala, que terá lugar o vindeiro 21 de febreiro a partires das 21:30 horas no hotel restaurante Voar. No evento serán premiados a AECC de Ribadeo polo seu compromiso social e Pablo Vizoso Iglesias a título póstumo.
Á IX Gala de Acisa están convidados representantes da Xunta de Galicia, da Deputación de Lugo, da Mancomunidade de Concellos da Mariña lucense e do Concello de Ribadeo. Por parte da FCAM (Federación de Comercio A Mariña) asistirá o seu presidente, José Carlos Paleo, en nome dos comerciantes da comarca.
Os asistentes á Gala de Acisa degustarán crema de cigalas, pescada de Celeiro ao pil pil, xarrete de tenreira guisado e tarta de queixo. O menú estará regado por viños Rioja, Mencía e Albariño, café e chupitos. O prezo do menú será de 30 euros. As tarxetas para asistir...
leer másO concelleiro de Deportes, Jorge Díaz Freije, fai un balance moi positivo da acollida que están a ter as escolas deportivas que organiza o Concello. Nas doce que se ofrecen durante o inverno inscribíronse 447 nenas e nenos. E nas cinco que houbo no verán participaron 94 rapaces.
O edil nacionalista dixo que “ven de pecharse o prazo de inscrición das escolas deportivas de inverno, que son 12 especialidades e en total, entre nenos e nenas, hai 447 inscritos. E nas escolas de verán contaron con 94 participantes en total, repartidos entre as 5 especialidades que houbo. Polo tanto en total, entre as de verán e as de inverno, hai arredor 540 alumnos e alumnas”.
As modalidades das escolas deportivas de inverno que se están a impartir son: atletismo, baloncesto, fútbol, fútbol sala, hoquei liña, natación, pádel, patinaxe...
leer másAcisa Ribadeo celebrará este ano, na súa Gala anual, dous importantes eventos: a conmemoración do 30 aniversario de creación da asociación e a entrega dos galardóns a toda unha carreira a catro coñecidos empresarios, que se xubilaron nos últimos meses.
A VIII Gala de Acisa terá lugar no Parador de Turismo de Ribadeo o 22 de febreiro ás 21:30 horas. Previamente haberá un photocall “para que todos e todas os que desexen teñan un recordo da velada. Animamos a todos a asistir con tempo suficiente para facer as fotos e aproveitar e intercambiar impresións entre os asistentes”, explican desde a directiva de Acisa. E lembran que “esta cita é aberta a todo o público que queira acompañar aos homenaxeados nesta edición e aos asociados e asociadas da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos”.
Os...
leer másA Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos ultima os detalles da súa VIII Gala, que terá lugar o 22 de febreiro no Parador de Turismo de Ribadeo ás 21:30 horas. No evento renderase homenaxe a Carmen Valdés, Ramona Reigosa, José Luis Botana e Ramón Leivas.
A VIII Gala será unha cita moi especial, xa que se conmemorará o 30 aniversario da creación de Acisa. Desde a directiva do colectivo empresarial subliñan que “as persoas homenaxeadas neste 2019 son unha mostra de traxectorias como comerciantes, hostaleiros e empresarios do sector servizos á fronte de negocios que forman parte da historia desta vila. E desde a asociación cremos que, tras unha vida cara ao público, detrás dun mostrador, abrindo os seus establecementos, vivindo bos e malos momentos, e tendo sido socios de Acisa, cremos que é unha moi boa ocasión...
leer más