Gala
O 9 de febreiro, na Finca Galea de Alfoz, celebrarase unha nova gala benéfica a favor da Asociación Española Contra o Cancro (Aecc) baixo o lema “Alfoz Solidario”. O evento é promovido por un grupo de oito persoas interesadas en colaborar coa xunta provincial da Aecc en Lugo, as cales veñen organizando as galas dos últimos dous anos. O grupo está formado por Conchita Pardiñas, Marisa Rubal, María José Seco, Dora Trobo, Nati Andón, Carmen Geada, Ana Carballo e Xabier Pardiñas.
Desde a organización apuntan que “o cancro é unha enfermidade á que todos estamos expostos, e todos temos un motivo para colaborar, simplemente por solidariedade, por ter algún familiar que sufra ou sufrira esta enfermidade ou por tela sufrido nas nosas propias carnes.
Para colaborar con “Alfoz Solidario” poderase participar na propia gala,...
leer másA Concellería de Cultura colabora na organización da II Gala Solidaria Eu Son Burela, que se celebrará mañá, 28 de decembro. Terá lugar na Casa da Cultura e dará comezo ás 20:00 horas. O prezo da entrada é de 2 euros.
Nesta gala, presentada pola actriz mariñá Estíbaliz Veiga, actuarán: Iván Pérez (True Montains), Mario Arranz, Hugo Eiroá, Alberto Eiroá, Big Voice, Crooner 432, Álvaro Crego, Xaco Salgado, Raúl de J., As Moreninhas, Dambara, Arume, Batuko Tabanka e a Escola Municipal de Música de Burela.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, convida a todos a asistir a esta gala “ademais de pola calidade dos artistas convidados, é unha cita importante dado o carácter solidario do evento”.
O xurado da segunda edición do certame de teatro Concello de Lourenzá deu a coñecer a relación dos nominados que optan aos premios, que serán entregados na gala que se celebrará o 9 de decembro, domingo.
Os nominados son os seguintes:
* Premio Conde Santo á mellor representación:
Avelaíña Teatro, de Pontevedra
Fauna 113, de Vigo
Rebuldeira Teatro, de Sarria
* Premio Lourenzo ao mellor actor:
Fernando Díaz, de Rebuldeira Teatro
Xulio Leal, de Avelaíña Teatro
Pablo Rodríguez, de Fauna 113
* Premio Ana á mellor actriz:
Iris Darriba, de Fauna 113
Elvira Pallares, de Rebuldeira Teatro
Amparo Urtaza, de Avelaíña Teatro
* Premio ao mellor actor de...
leer másO vindeiro luns, 2 de abril, ás 20:30 horas terá lugar no pavillón de deportes a IV Gala do Deporte, que organiza o Concello de Ribadeo.
Serán 199 os deportistas locais premiados de 13 modalidades deportivas: atletismo, baloncesto, billarda, fútbol sala, fútbol, pádel, piragüismo, remo, rugbi, surf, tiro olímpico, tenis de mesa e ximnasia rítmica. Entre todos eles hai campións de España, de Galicia, de Asturias, provinciais ou comarcais, tamén deportistas que debutaron na primeira división da súa modalidade, hai equipos e tamén deportistas individuais.
O acto estará presidido polo alcalde, Fernando Suárez Barcia.
Preto dun cento de persoas asistirán este venres, día 16, á VII Gala de Acisa, que se celebrará a partir das 21:30 horas no Parador de Turismo de Ribadeo.
Neste evento serán premiados os propietarios de O Bodegón, Florentino Martínez Peláez e Mercedes García López, que recibirán o recoñecemento a toda unha carreira empresarial. O premio como socio honorífico recibirano José Luis Méndez Morán e América López Oliveros, fundadores de Ferraxería Morán. E o galardón como socio do ano será para José Ramón Leal Segura, propietario de Galería Terra Branca.
Ao acto confirmaron xa a súa asistencia o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, o presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfredo Llano, o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, e a concelleira de Turismo e Comercio, Ana Martínez....
leer másACISA Ribadeo continúa coa organización da súa VII Gala, que se celebrará o 16 de marzo. O evento será conducido polo monologuista Javi González. O prazo para a retirada das tarxetas remata o día 15.
ACISA Ribadeo recomenda a aquelas persoas que estean interesadas en asistir a esta gala que fagan a súa reserva o antes posible para unha mellor organización do evento. As reservas e compra de tarxetas poden realizarse nas oficinas de ACISA Ribadeo, na Avenida de Galicia, 20-2ª planta, en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas de luns a venres, a través do e-mail info@acisaribadeo.es, no WhatsApp no 663 39 62 26 ou no Parador de Turismo de Ribadeo.
O xerente de ACISA Ribadeo, Jesús Pérez, quere “animar a todos os socios a asistir, xa que esta gala tamén...
leer másO próximo 16 de marzo terá lugar a VII Gala de Acisa. Será no Parador de Turismo de Ribadeo a partir das 21:30 horas. No transcurso da velada, na que haberá diversas sorpresas, entregaranse os galardóns ao socio do ano, ao socio honorífico e o recoñecemento a toda unha carreira.
Os premiados serán Florentino Martínez Peláez e Mercedes García López, que recibirán o recoñecemento a toda unha carreira empresarial. Trátase dos donos de O Bodegón e faráselles entrega deste galardón “pola súa traxectoria intachable como hostaleiros e asociados de Acisa Ribadeo ata a súa recente xubilación”. O premio como socio honorífico recibirano José Luis Méndez Morán e América López Oliveros, fundadores de Ferraxería Morán. A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo quere recoñecer tamén “a súa traxectoria intachable como...
leer másO vindeiro sábado, 23 de decembro, terá lugar en Burela a Gala Solidaria Eu Son Burela, en beneficio da Fundación Eu Son. No auditorio da Casa da Cultura a partir das 19:30 horas actuará a Eu Son Band acompañada por diversos artistas de Burela como Arume, Banda de Gaitas Dambara, Batuko Tabanka, Mario Arranz, Antón Crego, Álvaro Crego, Isma da Silva, Alberto Eiroá, Hugo Eiroá, Big Boyce e Xaco Salgado.
O prezo da entrada é de 2 euros. Desde a Concellería de Cultura, José Díaz, explica que “apoyamos desde el Concello esta Gala Solidaria, porque nos parece una muy buena iniciativa. Nosotros nos encargamos de la parte técnica y del espacio físico para que el evento se lleve a cabo”.
O edil burelés convida “a asistir a esta cita el próximo sábado, 23 de diciembre, en el auditorio de la Casa de la Cultura a partir de...
leer másO 3 de febreiro de 2018 celebrarase en Finca Galea de Alfoz unha gala benéfica a favor da Asociación Española Contra o Cancro (Aecc). O evento está promovido por un grupo de veciñas e veciños de Alfoz interesados en colaborar coa xunta provincial da Aecc en Lugo, que xa organizaron a gala deste mesmo ano e contan para a vindeira con varias incorporacións.
Unha desas incorporacións é a de Ana Carballo quen di que “todos e cada un de nós temos algo en común, unha loita que afecta tanto aos nosos seres queridos como a nós mesmos, e por iso unímonos por unha boa causa”.
Como novidade este ano, aquelas persoas interesadas en colaborar que non poidan asistir, teñen oportunidade de mercar os tiquets da cea para un asento na mesa cero, na que se dará a posibilidade de poñer nunha pantalla as fotos dos asistentes a dita...
leer más