Gala

Etiquetas:
11/12/2023

A compañía lucense Ítaca Teatro presentará o vindeiro sábado, 16 de decembro, a súa peza Anacos no Multiusos Ponte de Cuñas de Lourenzá, dentro da Gala de entrega de premios e Clausura do V Certame de Teatro de Lourenzá.

Anacos é un espectáculo de narración oral no que Carlos Rebolo, o contador de historias, preséntanos varios contos de autobiografía ficcionada nos que as lembranzas irán aparecendo sen pedir permiso. Un cheiro, un sabor, unha foto, os primeiros acordes dunha canción ou mesmo o silencio dunha tarde invádenos e convídanos a viaxar pola memoria. Así, pouco a pouco, van agromado imaxes que nos levan a outros tempos vividos e fannos andar por camiños xa transitados. Cando estamos en soidade adoitamos gozalos saboreando ese instante que flota no aire e se instala na alma. Cando estamos en compañía tratamos de reconstruilos con...

leer más
Etiquetas:
13/11/2023

O Movemento Artístico da Mariña, coa colaboración do Concello de Foz, organiza unha gala solidaria a beneficio dos colectivos Médicos sin fronteras e UNRWA España (comité español da axencia das Nacións Unidas para os refuxiados de Palestina). Será o 18 de novembro, sábado, na Sala Bahía, de Foz ás 20:30 horas.

O evento denomínase Compromiso 2023 pola paz, pola dignidade, pola xustiza. Haberá escultura, música, pintura, poesía e cerámica.

 

Etiquetas:
13/11/2023

O grupo teatral O Centiño, de San Martiño, organiza a sétima edición da súa gala solidaria. Será o 16 de decembro, sábado, ás 19:00 horas na Sala Bahía de Foz.

O Centiño ofrecerá a obra “Trepa, Tripa e Tropa” e no intermedio da representación actuará o grupo musical Pandereteiras da Subela.

A entrada é gratuíta, pero recolleranse doazóns para Cáritas. Para este evento O Centiño conta coa colaboración da asociación A Subela e do Concello de Foz.

 

Etiquetas:
30/01/2023

O grupo humorístico Trípode organiza unha gala benéfica na Casa da Cultura do Valadouro este domingo, 5 de febreiro, ás 18:00 horas. 

O grupo de teatro O Centiño, da parroquia focense de San Martiño, interpretará a obra De poucas luces e no descanso actuará o músico Álex Barreira, de Mondoñedo.

A recadación será destinada integramente a beneficio de Cáritas Interparroquial Alfoz-Valadouro.

Neste evento colabora o Concello de O Valadouro.

Etiquetas:
06/01/2023

O 4 de febreiro, coincidindo co Día Mundial contra o Cancro, celebrarase na Finca Galea de Alfoz unha nova gala benéfica Alfoz Solidario, a favor da Asociación Española Contra o Cancro (Aecc). O evento, non se puido realizar nos últimos dous anos debido á pandemia coo Covid 19, é promovido por un grupo de oito persoas interesadas en colaborar coa xunta provincial da Aecc en Lugo. O grupo está formado por Conchita Pardiñas, Marisa Rubal, María José Seco, Dora Trobo, Nati Andón, Carmen Geada, Ana Carballo e Xabier Pardiñas.

Desde a organización indican que, como sempre, existen varias formas de colaborar con Alfoz Solidario, “poderase participar na propia gala, composta por unha cea e baile, ou mediante donativos á Mesa Cero para aquelas persoas interesadas en colaborar que non podan asistir”. Os tickets poñeranse á venta a partir da próxima...

leer más
Etiquetas:
03/01/2023

Este mércores, 4 de xaneiro, terá lugar a tradicional Gala de Nadal do Concello de Cervo, será na carpa instalada na Praza dos Campos, ás 20:00 horas.

Contará coas actuacións das agrupacións locais: Fol do Raxal, Coral do CIT, Coral Terramar, Cantareiras Cordenaia (Airiños do Xunco), Grupo Mistura e A Rebolaxe.

 

Etiquetas:
12/12/2022

A Asociación Cultural O Centiño, de San Martiño, organiza a sexta edición da súa gala solidaria, que se celebrará este sábado, 17 de decembro, ás 20:30 horas no salón de actos do colexio Martínez Otero, de Foz.

O grupo teatral de O Centiño representará a súa obra titulada De poucas luces e no intermedio actuarán as pandereteiras de A Subela.
A entrada é gratuíta e no descanso recolleranse doazóns para Cáritas.

Para este evento a Asociación Cultural O Centiño conta coa colaboración da Fundación Martínez Otero e da Asociación Cultural A Subela. 

 

Etiquetas:
28/11/2022

O Concello de Viveiro celebra este venres, día 2 de decembro, a gala de entrega do IV Premio de Novela Vilar Ponte, nun acto no Teatro Pastor Díaz ás 20:30 horas que contará coa presenza do escritor Suso de Toro.

A gañadora desta edición é Irene Rega Jul, coa súa obra ‘Tecendo Redes’, e a novela finalista foi ‘As cartas do desarraigo’, de Francisco Vidal Blanco.

O Premio de Novela Vilar Ponte, que cumpre este ano a súa cuarta edición, naceu coa finalidade de lembrar aos escritores Antón e Ramón Vilar Ponte e, asemade, apoiar e difundir a literatura en lingua galega. 

“Parabéns aos dous escritores premiados neste certame, que gaña recoñecemento e consolidación cada ano. Un certame que impulsa sen dúbidas a creación literaria na nosa lingua”, afirma a alcaldesa, María Loureiro 

... leer más
Etiquetas:
08/09/2022

Mañá venres, 9 de setembro, ás 20:30 horas no Auditorio Pascual Veiga de Mondoñedo, terá lugar a gran gala final da VIII edición de Mamá Quero Cantar. 

Este ano coa participación de 12 rapaces e rapazas que agardan con ilusión ofrecer un marabilloso espectáculo. A entrada será libre e gratuíta.

 

Etiquetas:
02/01/2022

Desde a organización explican: “os do grupo Humorístico Trípode adoitamos organizar unha gala solidaria polo Nadal. Este ano, aínda que estamos inactivos no aspecto teatral, xuntamos a 6 cantantes amigos para que creen espectáculo e arte musical no Salón de Actos da Casa da Cultura de Ferreira do Valadouro. Será o vindeiro sábado, día 8 de xaneiro, ás 19,00 horas, seguindo escrupulosamente as normas Covid ditadas para esa data. No transcurso da Gala musical recolleranse donativos para a agrupación de Cáritas de Alfoz e O Valadouro. Manifestámoslle o noso sincero agradecemento aos cantantes participantes, así como á sección de Cultura do Concello do Valadouro pola súa axuda e a cesión do local da Casa da Cultura para actuar”. 

Juan Novás é o autor do cartel. E os artistas participantes son: 

ÁLEX BARREIRA.
...

leer más