O Concello de Barreiros organiza a gala final do circuíto de carreiras populares +KmsBarreiros, que terá lugar o domingo 22 de decembro ás 19:30 horas nos colexios vellos de San Miguel de Reinante. Durante o evento entregaranse 1.000 eurosen premios así como diferentes obsequios a cada atleta que participase en 4 ou máis probas en categorías absolutas ou en 3 no caso das categorías infantís.
Resultados do circuíto
Logo de celebrárense as 6 carreiras populares que conforman o circuíto; a carreira de Reis (xaneiro), a das Praias (marzo), a 1/2Km Vertical (xullo), a Benquerencia Terra-Mar (agosto), o Trail Monte Comado(outubro) e a carreira Ao Son do Masma(novembro), SoniñaCorral F. proclamouse campioa absoluta feminina con 1119 puntos e,Delio Val Villarino, campión da categoría absoluta masculina con 1180 puntos.
Na recentemente creada categoría por equipos, o primeiro posto foi ocupado polo equipo barreirense Os Comadistas, osegundolugar foi para o Club Atletismo de Ribadeo e enterceiro posto finalizouo Ría de Foz.
Por outra banda, na categoría de centros escolares, o primeiro posto foi para o Sagrado Corazón de Xesús de Ribadeo, en segundo lugar quedou o CEIP Juan Rey de Lourenzá e en terceira posición o CEIP Península da Paz de San Cibrao.
As clasificacións completas poden consultarse na web do circuíto:www.maiskmsbarreiros.gal.
O concelleiro de Deportes, Dani García, expresou a súa satisfacción polos resultados desta edición: “as cifras de participación, tanto en cada proba coma no global do circuíto, seguen a ser moi boas polo que, desde o Concello de Barreiros amosamos a nosa satisfacción.” e comprometeuse a que: “seguiremos fomentando e apoiando o deporte afeccionado porque estase a ver que cada vez ten máis persoas adeptas, que axuda a fomentar un turismo respectuoso e desestacionalizado en Barreiros e que, coa a práctica deportiva tamén se mellora a calidade de vida”.
O edil tamén agradece o esforzo das asociación implicadas na organización das probas. “Quero dar as grazas publicamente ás distintas asociacións que ano tras ano se implican de cheo na organización das carreiras, grazas á Asociación Cultural e Deportiva Praias de Comado, a A.D. Augas Santas, ao Colectivo Cultural Ollomao. Dar as grazas tamén a asociación de voluntarios de Protección Civil de Barreiros que sempre están velando pola seguridade durante as probas. Non me quero esquecer de mencionar e agradecer ás empresas que patrocinan e colaboran coas distintas probas e co circuíto xa que, tamén son unha parte importante para que todo isto encaixe e poida saír adiante. Sen a colaboración de todas as partes isto non sería posible, así que, moitas grazas a todas e a todos”salientou García.