Trabada
Continúa o circuíto de teatro afeccionado 2024 en Trabada. A próxima cita é coa obra 'Rosalía Café', interpretada polo grupo teatral A Adala Futura. Será este sábado, día 7 de decembro, ás 21:00 horas na Casa da Cultura.
É unha actividade organizada polo Concello de Trabada coa colaboración da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
O Concello de Trabada anuncia que este mércores, día 4 de decembro, abrirase o prazo de inscrición para o seu Campamento de Nadal 2024-2025. Desenvolverase entre os días 23 de decembro e 3 de xaneiro en horario de 9:00 a 14:00 e incluirá obradoiros, cinema, xogos e moitas máis actividades.
As inscricións no mesmo poderán ser realizadas na Casa do Concello ata o 13 de decembro. Serán gratuítas, pero as prazas son limitadas, polo que se asignarán por orde de inscrición.
Trátase dunha iniciativa dirixida a nenas e nenos de entre 3 e 12 anos que estean empadroados ou que teña familiares empadroados no concello de Trabada.
O alcalde, Rubén García Freije, destaca “o compromiso do Concello con impulsar a conciliación familiar a través de propostas de ocio e lecer para a cativada como esta....
leer másA asociación cultural O Picato, de Trabada, anuncia que “o próximo domingo, 8 de Decembro, impartirase o curso de primeiros auxilios, homologado pola Sociedade Española de Medicina de Urxencias e Emerxencias. Todos aqueles interesados en anotarse terán que facelo no teléfono 652.144.194 (Nuria)”. Será de 16:00 a 20:00 horas na Casa da Cultura de Trabada.
As prazas son limitadas e o prezo para socios do colectivo organizador é de 5 euros mentres que as persoas que non pertencen á asociación terán que pagar 10 euros.
Trabada acollerá a proxección da película '20.000 especies de abejas' como parte das actividades para conmemorar o 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Esta actividade terá lugar na Casa da Cultura de Trabada ás 18:00 horas do domingo 24 de novembro.
Este filme está dirixido por Estibaliz Urresola Solaguren e foi lanzado en 2023.
O alcalde, Rubén García, sinala que “é fundamental seguir loitando contra a violencia machista en todas as súas manifestacións, para así lograr por fin erradicala da nosa sociedade. A cultura e a educación xogan un papel fundamental nesta loita para sensibilizar á poboación sobre a súa importancia polo que seguiremos impulsando actividades como esta para remar nesa dirección”.
O Concello de Trabada, coa colaboración do Motoclube A Cadeira e a asociación cultural O Picato, organiza o sábado 21 de decembro un Mercadiño de Nadal con actuacións musicais e actividades para os nenos e nenas. “Queremos que o deste ano sexa un mercadiño especial, un lugar de encontro da veciñanza e os que nos visitan para dar comezo ao Nadal”, asegura o alcalde de Trabada, Rubén García, que presentou o cartel coa tenente de alcalde, Julia María Barcia, e representantes do Motoclube A Cadeira e a asociación O Picato.
O mercado, que será de 12:00 a 20:00 horas na praza do Concello, terá produtos locais e artesanais de proximidade, a actuación da Coral Entre Ríos, Papanoelada moteira con chocolate e biscoito gratis e a visita de Papá Noel e o Apalpador. Ademais os nenos e nenas terán inchables gratis durante toda a xornada e pintacaras. O...
leer másA asociación cultural O Picato, de Trabada, organiza un taller de velas aromáticas do Nadal. Será o sábado 14 de decembro na Casa da Cultura de 17 a 20 horas.
Esta actividade inclúe: teoría e práctica, material e merenda. O prezo é de 50 euros para socios do colectivo organizador e 60 euros para persoas que non o son. As prazas son limitadas e para anotarse hai que contactar a través do teléfono 652.144.194.
O Picato explica: “aprenderemos a elaborar unha vela, con adornos de Nadal que poderás escoller xunto co aroma que prefiras poñerlle. Todo isto acompañarémolo con unha merenda e por suposto un bo anaquiño compartido con tod@s @s asistentes”.
A Casa da Cultura de Trabada acollerá un curso de Sexualidade na Adolescencia dirixido a familias, coidadores e coidadoras.
O curso estará impartido por Noelia Goás Gómez e será totalmente gratuíto. Terá lugar os días 13 e 14 de novembro entre as 18:00 e as 20:30 horas.
O alcalde de Trabada, Rubén García, convida á veciñanza a "participar desta iniciativa tan necesaria tanto para a rapazada como para o seu entorno".
As inscricións no curso poderán ser realizadas na Casa do Concello de Trabada ou no número de teléfono 982 135 011.
A actividade está organizada por Emergal Ensino SL, co apoio do Concello de Trabada, AFAMMER Lugo, a Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e o Ministerio de Igualdade do Goberno de España a través do plan Corresponsables.
O día 15 de novembro, venres, na Praza do Concello de Trabada desde as 21 horas celebrarase a festa tradicional desta época do ano, o magosto. Está organizado pola asociación cultural O Picato, que anuncia: “contaremos con carpa, mesas e sillas para uso durante a cea e música a cargo de El Puma”.
Haberá castañas gratis e venderán racións de callos, pastelón de bonito e lacón asado.
Os tickets para a comida estarán á venda no mesón Camiño Norte e no supermercado Spar Express Trabada.
O Concello de Trabada acolle un novo ciclo de teatro no salón da actos da Casa da Cultura con oito obras de novembro a xuño.
‘Arte’, de Hipócrita Teatro, servirá para dar comezo o próximo 2 de novembro aos Ciclos Teatrais 2024/2025 do Concello de Trabada. O salón de actos da Casa da Cultura acollerá unha obra de teatro mensual, con entrada gratuíta e todas o primeiro sábado de cada mes ás 21:00 horas. En decembro, chegará a quenda de ‘Rosalía Café’, do grupo A Adala Futura.
“Unha nova edición dos nosos ciclos de teatro, que cada vez teñen unha mellor aceptación entre os nosos veciños e veciñas, enchendo nalgunha ocasión o salón de actos da Casa da Cultura”, asegura o alcalde de Trabada, Rubén García.
“Desta forma, damos continuidade a esta actividade, dentro dunha programación cultural ao longo do ano con propostas para todas as idades”, engade...
leer másO Concello de Trabada pon en marcha un programa de viaxes para a veciñanza cunha excursión ás termas de Outariz e Allariz. “Queremos que os veciños e veciñas coñezan mellor Galicia da man do Concello”, explica o alcalde, Rubén García. A primeira excursión de ‘Viaxa co Concello de Trabada’, para veciños e veciñas a partir de 50 anos, será ás termas de Outariz e Allariz o sábado 23 de novembro. Cun prezo de 30 euros, inclúe o desprazamento en autobús, entrada ás termas de Outariz, comida en Allariz e entrada ao museo de coiro.
“O que queremos é ampliar a oferta de actividades e lecer para a veciñanza, neste caso con saídas organizadas polo concello e a prezos moi asequibles para coñecer Galicia de forma conxunta e pasar unha boa xornada”, asegura o alcalde, Rubén García.
O número de prazas para a primeira saída é...
leer más