Trabada celebra o seu Carnaval este sábado, 15 de marzo. O prazo para inscribirse no desfile remata este xoves

Trabada celebrará a súa festa de Carnaval este sábado, día 15 de marzo, e o prazo para inscribirse no desfile remata este xoves.

O desfile empezará ás 18:00 horas e para participar “hai que inscribirse online ata o dia 13 de marzo no formulario Entroido 2025 (Facebook A.C. O Picato) e enviándoo ó mail asociacionculturalopicato@gmail.com. A recollida de dorsais farase o sábado de 16:00 a 17:00 horas”, explica a Asociación Cultural O Picato, que organiza o evento coa colaboración do Concello de Trabada.

Haberá verbena, amenizada polo grupo Zona Zero e o DJ The sound Project. A entrega de premios será a partir das 00:00 horas e sortearanse cestas.