En Sante (Trabada) haberá xogos e actividades de Pascua o 6 de abril

O Concello de Trabada reafirma o seu compromiso coa dinamización social e cultural do municipio a través da colaboración con diferentes asociacións e clubs locais. Neste sentido colabora coa Asociación de Veciños de Sante na organización dos Xogos e actividades de Pascua, un evento pensado para a diversión da xuventude que se celebrará o próximo 6 de abril ás 16:30 horas en Sante (Trabada).

O evento inclúe diversas actividades como a decoración e busca de ovos de Pascua, ademais de xogos recreativos e un taller de graffiti dirixido a mozos e mozas de entre 7 e 18 anos. Para participar nesta última actividade, cada asistente deberá levar o seu propio spray de auga. O custo de inscrición é de 5 euros.

As inscricións permanecerán abertas ata o 4 de abril e poden realizarse a través do teléfono 696.266.162.

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou a importancia deste tipo de iniciativas e reafirmou o compromiso do Concello coa colaboración en eventos que promoven a participación cidadá e a dinamización local: “continuamos ca colaboración con todas as asociacións e clubs do noso concello, dado que fan unha labor moi importante de dinamización do noso municipio”.

O Concello de Trabada anima a participar nesta xornada festiva e a gozar dunha tarde de xogos e creatividade en familia.