Trabada

Etiquetas:
28/10/2024

O día 15 de novembro, venres, na Praza do Concello de Trabada desde as 21 horas celebrarase a festa tradicional desta época do ano, o magosto. Está organizado pola asociación cultural O Picato, que anuncia: “contaremos con carpa, mesas e sillas para uso durante a cea e música a cargo de El Puma”.

Haberá castañas gratis e venderán racións de callos, pastelón de bonito e lacón asado.

Os tickets para a comida estarán á venda no mesón Camiño Norte e no supermercado Spar Express Trabada.

Etiquetas:
22/10/2024

O Concello de Trabada acolle un novo ciclo de teatro no salón da actos da Casa da Cultura con oito obras de novembro a xuño.

‘Arte’, de Hipócrita Teatro, servirá para dar comezo o próximo 2 de novembro aos Ciclos Teatrais 2024/2025 do Concello de Trabada. O salón de actos da Casa da Cultura acollerá unha obra de teatro mensual, con entrada gratuíta e todas o primeiro sábado de cada mes ás 21:00 horas. En decembro, chegará a quenda de ‘Rosalía Café’, do grupo A Adala Futura.

“Unha nova edición dos nosos ciclos de teatro, que cada vez teñen unha mellor aceptación entre os nosos veciños e veciñas, enchendo nalgunha ocasión o salón de actos da Casa da Cultura”, asegura o alcalde de Trabada, Rubén García.

“Desta forma, damos continuidade a esta actividade, dentro dunha programación cultural ao longo do ano con propostas para todas as idades”, engade...

leer más
15/10/2024

O Concello de Trabada pon en marcha un programa de viaxes para a veciñanza cunha excursión ás termas de Outariz e Allariz. “Queremos que os veciños e veciñas coñezan mellor Galicia da man do Concello”, explica o alcalde, Rubén García. A primeira excursión de ‘Viaxa co Concello de Trabada’, para veciños e veciñas a partir de 50 anos, será ás termas de Outariz e Allariz o sábado 23 de novembro. Cun prezo de 30 euros, inclúe o desprazamento en autobús, entrada ás termas de Outariz, comida en Allariz e entrada ao museo de coiro.

“O que queremos é ampliar a oferta de actividades e lecer para a veciñanza, neste caso con saídas organizadas polo concello e a prezos moi asequibles para coñecer Galicia de forma conxunta e pasar unha boa xornada”, asegura o alcalde, Rubén García.

O número de prazas para a primeira saída é...

leer más
Etiquetas:
14/10/2024

O Concello de Trabada presenta a última das rutas programadas este ano coa colaboración da asociación de sendeirismo Trabada Paso a Paso. O día 10 de novembro, domingo, chega a quenda da Ruta da Fraga da Becerreira, un percorrido de seis quilómetros de dificultade media-baixa.

A saída será ás 10:00 horas desde a Praza do Concello e ó finalizar a ruta haberá comida para tódolos asistentes. As prazas son limitadas e as inscricións pode facerse ata o 5 de novembro no teléfono do Concello: 982.135.011.

Desde xuño ata novembro realizáronse as cinco rutas de sendeirismo coas que se conta no concello de Trabada: Ruta da Subida ó Picato, Ruta da Fraga da Vilapena, Ruta do Vento, Ruta do Monte Roxal-Teixido e Ruta Fraga da Becerreira.

“Quero agradecer a receptividade e a alta participación nas...

leer más
10/10/2024

Desde o día 4 de novembro o pavillón municipal de Trabada acollerá tódolos luns de 19:00 a 20:00 horas clases de bailes de salón.

“Desde o Concello continuamos na liña de ofrecer un completo programa de actividades durante todo o ano, neste caso con bailes de salón para persoas de idades diferentes”, asegura o alcalde de Trabada, Rubén García.

O prezo por persoa é de 30 euros ao mes e a inscrición é individual, non é necesario ir en parella ás clases.

As inscricións poden facerse ata o 28 de outubro nas oficinas municipais ou a través do teléfono 982.13.50.11.

 

Etiquetas:
26/09/2024

O Concello de Trabada organiza o seu II Torneo de Bolos o día 13 de outubro, domingo. A competición neste deporte tradicional galego terá lugar no Campo de Bolos de Trabada ao longo de todo o día, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

O Concello conta coa colaboración no evento do Club de Bolos Ribatra, que conta con membros dos concellos de Barreiros, Ribadeo e Trabada.

"Con esta iniciativa pretendemos dar máis a coñecer este deporte tradicional que durante tantos anos se xogou na nosa localidade", sinala o alcalde de Trabada, Rubén García, que engade: "seguimos ampliando o abano de actividades deportivas dispoñibles no municipio e dándolle uso a este novo campo, construído polo Concello o ano pasado".

O torneo está aberto a xogadores federados e non federados, na modalidade de...

leer más
Etiquetas:
24/09/2024

O Concello de Trabada presenta os detalles dunha nova ruta programada coa colaboración da asociación de sendeirismo Trabada Paso a Paso. O 13 de outubro, domingo, chega a quenda da Ruta do Monte Roxal-Teixido, un percorrido de 8 quilómetros de dificultade media-baixa. A saída será ás 10:00 horas desde a Praza do Concello e ó finalizar a ruta haberá comida para tódolos asistentes.

As prazas son limitadas. As inscricións poden facerse ata o 9 de outubro no teléfono do Concello de Trabada: 982.135.011.

“No Concello estamos moi satisfeitos pola gran acollida que teñen estas rutas, unha actividade de deporte e natureza pola que seguiremos apostando en Trabada”, asegura o alcalde, Rubén García.

Etiquetas:
23/09/2024

O Concello de Trabada organiza o seu primeiro Campionato de Balinera, que terá lugar o día 12 de outubro.

Este primeiro campionato desenvolverase no Complexo Deportivo de Trabada a partir das 11:30 da mañá. Haberá diversos premios para as persoas gañadoras: o primeiro será unha carabina de madeira marca Gamo, o segundo premio será un taladro marca Einhell e o terceiro, un maletín de chaves de vaso marca Irimo.

O Concello contou coa colaboración de Top 10 Ferretería na organización do evento, subministrando esta o material necesario para realizar a competición.

"Con esta nova iniciativa pretendemos ofertar outra nova actividade diferente, para que calquera veciño ou veciña de Trabada a poida desfrutar", sinala o alcalde de Trabada, Rubén García, que engade: Deste xeito, aumentamos o abano...

leer más
Etiquetas:
17/09/2024

O Concello de Trabada ofertará a partir do día 3 de outubro dúas novas actividades: zumba e pilates. Serán os xoves de outubro a xuño, con pilates de 18:00 a 19:00 e zumba de 19:00 a 20:00 horas.

Trátase de actividades para todos os públicos a partir dos 11 anos de idade. A inscrición nun dos programas terá un prezo de 30 euros por persoa, e en ambos, de 50 euros. Poderá realizarse nas oficinas municipais ou no teléfono 982.13.50.11. O mínimo de participantes será 8 e a actividade adaptarase ás idades das persoas inscritas.

"Dende o Concello ampliamos o abano de actividades deportivas para todas as idades con estas dúas novas iniciativas", sinala o alcalde de Trabada, Rubén García.

12/09/2024

O Concello de Trabada anuncia que na última semana deste mes de setembro dará comezo unha nova edición do programa municipal de terapia ocupacional. O martes 24 empezarán os grupos no centro cívico de Vidal, ás 16:00 horas, e no teleclube de Sante, ás 17:45 horas; o mércores no centro cívico de Valboa, ás 16:00 horas, e na Casa da Cultura de Trabada, ás 17:45 horas; e o xoves 26 de setembro ás 16:00 horas no centro cívico de Vilapena e ás 17:45 horas na escola de Abres.

O alcalde de Trabada, Rubén García, explica: “as persoas maiores son un prioridade para o noso concello e con este programa fomentamos o envellecemento activo, con sesións que producen importantes melloras a nivel funcional e na calidade de vida das persoas participantes. Nos próximos días anunciaremos máis actividades municipais dirixidas a outras idades”.