Trabada

Etiquetas:
03/03/2025

Co gallo do Día Internacional da Muller, o Concello de Trabada organiza unha sesión de cine especial dentro do programa "Cine na Rúa", ofrecendo a proxección do filme "Oro Blanco". A cita terá lugar o vindeiro 7 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura.

"Oro Blanco" é unha película que aborda a loita dunha muller nun ambiente hostil dominado polo medo, resaltando valores de resiliencia, coraxe e determinación. A escolla deste filme non é casualidade, xa que representa á perfección o espírito do 8M, un día para reivindicar os dereitos das mulleres e reflexionar sobre os desafíos que aínda están por superar.

Desde o Concello de Trabada convidamos a toda a veciñanza a participar nesta actividade, que busca non só ofrecer unha experiencia cinematográfica de calidade, senón tamén xerar un espazo de reflexión e...

leer más
24/02/2025

O Grupo Humorístico Trípode representará a súa obra A presa en Trabada este sábado, día 1 de marzo. Será ás 21:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura con entrada de balde.

O Concello de Trabada anuncia que es “unha comedia que vos fará rir e reflexionar ao mesmo tempo. Ven pasar unha noite diferente e en boa compañía”.

Etiquetas:
13/02/2025

O programa Viaxa co Concello de Trabada promove o turismo cultural cunha nova viaxe organizada para os próximos días 29 e 30 de marzo. A actividade está destinada aos veciños e veciñas empadroados no municipio maiores de idade e ofrece unha oportunidade excepcional para descubrir importantes enclaves patrimoniais e culturais.

O prezo da viaxe é de 165€ por persoa e inclúe visitas guiadas ao Palacio de Gaudí en Astorga, ó museo e á Catedral de Astorga, As Médulas e o Castelo dos Templarios de Ponferrada. Ademais, están cubertos os gastos de comidas e cea, con aloxamento nun hotel de 4 estrelas en León e seguro de viaxe.

Segundo o alcalde de Trabada, Rubén García, "o obxectivo desta proposta é facilitarlle á veciñanza a posibilidade de coñecer diferentes lugares do noso país con tódalas comodidades e cunha...

leer más
Etiquetas:
06/02/2025

O Concello de Trabada e a asociación Trabada paso a paso organizan a primeira ruta de sendeirismo do ano 2025 dentro do seu programa de actividades. A cita terá lugar o día 2 de marzo, domingo, e percorrerá o traxecto entre Vilapercide e Vilaformán.

O Concello de Trabada anuncia que “a ruta, cunha distancia de 10 quilómetros e unha dificultade media, incluirá visitas puntos de interese patrimonial e cultural, como a Igrexa de Vilapena e a antiga escola de mestres. Ao remate do percorrido, os participantes poderán gozar dun xantar no Teleclube de Vilaformán, en compañía dos veciños e veciñas da parroquia”.

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou a importancia desta iniciativa: “desde o Concello apoiamos as actividades elaboradas en conxunto coas diferentes asociacións, dado que cremos que debemos manter un...

leer más
Etiquetas:
30/01/2025

A Asociación de Veciños San Julián de Sante (Trabada) organiza un curso de poda para este sábado, día 1 de febreiro, que se desenvolverá no Teleclub de Sante en horario de 9:00 a 19:00 horas. Esta iniciativa forma parte dun ciclo de formación centrado no desenvolvemento e aproveitamento da froita.

A programación inclúe tres cursos sobre: poda, para aprender a preparar as árbores dende o inicio; enxerto, para mellorar o desenvolvemento das árbores unha vez xerminen; e apicultura, fundamental para a polinización das árbores e a sustentabilidade do proceso.

Está previsto que este círculo frutícola se peche en xuño cun curso de elaboración de marmeladas, permitindo aproveitar ao máximo os froitos cultivados.

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou a importancia de apoiar este tipo de...

leer más
26/01/2025

O grupo teatral O Centiño, de San Martiño (Foz), representará a obra titulada A morte morrida en Trabada o día 1 de febreiro, sábado. Será ás 21:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura, con entrada de balde.

Esta actividade está incluída no ciclo teatral organizado polo Concello de Trabada que recomenda: “non perdas esta oportunidade para gozar dunha noite de teatro única e chea de emocións”.

Etiquetas:
20/01/2025

A asociación cultural O Picato convoca a novena edición do Concurso do Cartel Anunciador do Entroido de Trabada. O prazo para presentar traballos a este certame remata o día 31 de xaneiro.

As bases de participación son as seguintes: poderán participar tódalas persoas que así o desexen; os traballos deben ser en tamaño DIN A4 (folio); a temática é libre, sempre e cando recolla o espírito do Entroido; a data límite de entrega é o venres 31 de xaneiro de 2025 ás 19:00 horas; os traballos recolleranse no Spar Express Trabada; cada participante pode entregar un máximo de dúas obras; os traballos serán anónimos e os datos persoais do/a autor/a deberán ir en sobre pechado xunto co debuxo; os datos a incluír son nome, apelidos e teléfono de contacto; o premios é de 50 euros, que se entregará xunto cos premios do desfile; o fallo do xurado, formado...

leer más
17/01/2025

O Concello de Trabada organiza un ciclo teatral con cinco obras. Empezará o día 1 de febreiro e rematará o 7 de xuño. Todas as representacións serán no Salón de Actos da Casa da Cultura ás 21:00 horas sábados.

O programa é o seguinte: o día 1 de febreiro, grupo O Centiño coa obra A morte morrida; o 1 de marzo,  A Adala de Fazouro con Unha morta moi viva; o 5 de abril, Trípode con A presa; o 3 de maio, Ardora con Aire fresco; e o 7 de xuño, O Batán con Promesas de galos.

 

11/01/2025

A Comisión de Festas de Trabada organiza un cocido para o día 1 de febreiro, sábado. Será no pavillón municipal a partir das 13:00 horas.

Os actos comezarán cunha sesión vermú amenizada polo cantante Luis Rey. A continuación será a comida de cocido completo e despois sortearanse tres cestas de Entroido. Despois seguirá a festa coas actuacións de Luis Rey e DJ Bombardero.

03/01/2025

Este sábado, día 4 de xaneiro de 2025, Trabada contará cunha nova actuación teatral. A Casa da Cultura acolle a partir das 21:00 horas a obra titulada "Pan con chocolate", interpretada polo grupo de teatro do Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros.