Legado

Etiquetas:
29/07/2022

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense colabora na mellora da sinalización turística do legado indiano en Ourol a través de placas con códigos QR e un folleto para ampliar información sobre 17 edificacións. A información estará dispoñible na web de Turismo da Mancomunidade e a publicación na Casa do Concello ourolesa e tamén nas oficinas de turismo da comarca. A iniciativa, que se enmarca no Plan de Sostibilidade Turística, ten por obxectivo revalorizar o patrimonio e a historial local. 

No día de hoxe o presidente da Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, Francisco Cajoto, acompañado do alcalde do Concello de Ourol, José Luis Pajón, de Pilar García Porto, en representación da Deputación de Lugo, Paloma Vázquez por parte da Xunta de Galicia e Isabel Rodríguez, subdelegada  do Goberno en Lugo, visitaron o concello ourolense...

leer más