Nenos
Aproveitando o tempo de lecer do Nadal, a Concellería de Cultura presenta unha gran variedade de obradoiros e actividades para que os nenos/as e as familias poidan disfrutar destes días.
Os obradoiros destinados a nenos e nenas son todos en horarios de mañá e precisan inscrición previa que pode ser tanto na Casa da Cultura como nas oficinas xerais do Concello do 11 ao 18 de decembro. Lembrar que hai prazas limitadas.
O luns, 23 de decembro, haberá un obradoiro onde os máis pequenos poderán elaborar diferentes adornos de Nadal. (10:30-13:30 horas)
O xoves, 26 de decembro terá lugar un obradoiro de robótica creativa onde se amosarán distintos robots e os rapaces poderán xogar con eles, construirán un circuíto eléctrico, farán figuras de luz...(11:00 a 13:00 horas)
O venres día 27 de decembro está previsto o obradoiro "Fai o teu boneco...
Cervo será o escenario da II mini btt medela mtb o domingo 29 de setembro a partir das 10:00 horas.
Este evento federado desenvolverase nun circuíto que foi deseñado e trazado nunha parcela municipal do Polígono de Cuíña que lle foi cedida ao club Medela MTB para o desenvolvemento da súa actividade.
A cita deportiva, organizada por este club de ciclismo coa colaboración do Concello de Cervo, foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés e polo presidente de Medela MTB, David Riera, que estiveron acompañados por un grupo de rapaces que integran o club nas súa categoría base, e que tamén competirán na cita prevista para finais deste mes.
Os participantes xa se poden inscribir ata o 26 de setembro na web da Federación Galega de Ciclismo nas categorías Promesa Fem., Promesa B, Promesa...
leer másCon esta iniciativa, o Concello busca, en palabras da concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, "converter o atrio de Santa María no escenario de fermosos contos que farán voar a imaxinación das nenas e nenos".
A Ruada de Contos terá lugar ao longo de dúas xornadas, sempre no atrio de Santa María, e en caso de choiva, desenvolverase na Biblioteca Municipal.
A primeira será o martes, 6 de agosto, ás 19:00, con 'A vendedora de fume', a cargo de Cris Collazo. A segunda xornada será o día seguinte, o mércores 7 de agosto, tamén ás 19:00. Será a quenda de 'Cacho animalada', da man de Vero Rilo.
Hoxe foron presentados na Casa do Concello os tres torneos organizados pola SD Ribadeo que se disputarán os días 1, 2, 8, 9, 15 e 16 de xuño. Participarán unha media de 60 equipos en cada torneo, uns 1.000 xogadores e máis de 2.000 acompañantes cada fin de semana, segundo destacou o presidente do club organizador, Valentín Coto. No acto de presentación tamén interviñeron o deputado provincial de Mocidade, Dani García; o xefe territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero; a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado: e o alcalde de Ribadeo, Dani Vega.
O presidente da SD Ribadeo, Valentín Coto, explicou que “estamos procediendo a la presentación del quinceavo torneo infantil SD Ribadeo, a la vez que el decimonoveno torneo alevín y el decimonoveno torneo benjamín y prebenjamín, que se van a disputar durante el primer, segundo y tercer fin de...
leer másA Casa da Cultura do Vicedo acollerá o espectáculo Astrolabios, a cargo da produtora teatral Tarabela Creativa, o venres 29 de decembro. Será ás 18 horas na Casa da Cultura con entrada gratuíta.
Está organizada polo Concello do Vicedo, que anuncia: “trátase dunha actividade moi divertida de ciencia para nenos e nenas”.
En Alfoz celebraranse actividades do programa denominado Cultura Pequeniña, dirixido a nen@s de 3 a 12 anos, os sábados 23 e 30 de setembro.
A organización explica que serán dous días “dedicados aos nenos e nenas con obradoiros na Biblioteca e unha proposta cultural de teatro, contacontos, monicreques ou maxia. Para nen@s de 3 a 12 anos, con inscrición previa na biblioteca, onde estarán dispoñibles a solicitudes a partir do 13 de setembro. O tema será o coidado do medio ambiente. O sábado 23 de setembro de 17:00 a 19:00 horas quedamos na Biblioteca para facer arte con materiais reciclados e da natureza no obradoiro ReciclARTE. E ás 19:00 horas no Salón de Actos teremos a representación O galo Quirico e os seus amigos, de Seisdedos, incluída no programa Ler conta moito, da Xunta de Galicia, para público infantil e familiar”.
... leer másO Concello de Cervo convida a asistir do 21 ao 25 de agosto ás actividades programadas na semana cultural de Airiños do Xunco. Todas elas desenvolveranse na Praza do Souto.
Para comezar o luns 21 de agosto arrinca cun espectáculo circense da man de Lila Star ás 20 horas. Seguidamente, o martes 22 tamén ás oito da tarde o grupo Pakolas ofrecerá un concerto para toda a familia.
O mércores, 23 de agosto, terá lugar unha actividade máis física xa que poderá desfrutarse de inchables dende ás 18 horas. E o xoves 24, celebrarase a festa da auga ás 18 horas.
Para pechar, o venres 25 ás 18 horas ofrecen un concurso co nome “Master Chef Cervo”, ao máis puro estilo do clásico concurso televisivo gastronómico.
Desde o Concello insisten en que non falte ninguén nesta tradicional cita de verán do Cervo.
As actividades de verán organizadas polo Concello de Burela terán lugar do 10 de xullo ao 31 de agosto, segundo deu a coñecer esta mañá o concelleiro de Deportes, Carlos Méndez. Están destinadas a nenas e nenos nados entre os anos 2010 e 2016.
O edil burelés explicou que “as actividades de verán realizaranse dende o 10 de xullo ata o 31 de agosto. Haberá xogos na praia os luns, rutas en bici os martes, happy dance os mércores, que será impartido por Belinda (Ximnasio Hawk) e rutas de sendeirismo os xoves. O prezo da actividade será de 8 euros ao mes por actividade e para anotarse hai de prazo dende o vindeiro luns, 3 de xullo, e ata o mércores, 5 de xullo, na Casa da Xuventude dende as 08:00 da mañá”.
Carlos Méndez engadiu que “a adxudicación de prazas farase por rigorosa orde de inscrición. Poderán participar...
leer másPreto de 50 equipos participarán no XVIII Torneo de Fútbol Alevín e Miniprebenxamín da SD Ribadeo, que se celebrará os días 17 e 18 de xuño.
44 equipos procedentes de Galicia, Asturias e Cantabria disputarán o torneo alevín e 5 equipos de Asturias e Galicia o miniprebenxamín. Desde a organización subliñan que “das 18 edicións que levamos é o ano no que se dan cita máis clubs de alevíns”.
Os partidos xogaranse no estadio municipal Pepe Barrera e no Ceip Gregorio Sanz.
No acto de presentación participaron o concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, o presidente da SD Ribadeo, Valentín Coto; o xefe de Deportes da Xunta en Lugo, Manuel Otero; a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado; o técnico de Deportes, Iván López; a deputada responsable da Área de Mocidade da Deputación de Lugo, Mónica Freire...
leer másO Concello de Viveiro, en colaboración co conservatorio profesional de musica Viveiro ofertan durante o mes de maio cursos gratuítos de diferentes especialidades para facilitar un primeiro achegamento á música aos máis pequenos.
Impartirase un curso de Iniciación Musical dirixida a nenos/as nados/as no ano 2016 con actividades que favorezan a percepción e a expresión musical dos máis cativos dunha maneira lúdica.
Para formalizar a inscrición ábrese o prazo o próximo luns día 24 ata o día 26. As prazas son limitadas.
Pola súa banda, convócase tamén o curso de Iniciación ao Instrumento de: Clarinete, Frauta Traveseira, Gaita, Guitarra, Saxofón, Trompeta e Violonchelo dirixido a nenos/as de entre 8 e 14 anos. Así mesmo, impartirase o curso de canto para nenos e nenas a partir dos 12 anos....
leer más