Colexio

Etiquetas:
06/11/2024

Desde a organización explican que “continuamos ca colaboración que xa ven sendo habitual con Cines Viveiro e Prato-Do. Trala boa acollida entre o público que tivo esta promoción nas anteriores edicións, poñémola de novo en marcha pero con novidades có fin de mellorar a actividade o máximo posible. O obxectivo segue a ser o de poñer en valor o cine, e achegar a cultura cinematográfica ós mais novos, pero sempre desfrutando dende unha butaca de sala de cine e nunha gran pantalla”. 

Sinalan que “por este motivo, o CCHV, a Asociación Prato-Do e Cines Viveiro continúan a sumar forzas para acadar a visibilidade que merece o esforzo que conleva ter películas de primeira, estreas ó mesmo tempo que no resto do territorio nacional, nun cine local. Serán vales desconto de 2€ para poder ver, nesta ocasión 3 películas de animación e aventuras a elexir...

leer más
Etiquetas:
01/09/2021

A Asociación de Comerciantes, Industria e Autónomos de Burela lanza a campaña de volta ao cole con dúas ramas: por unha banda, un concurso de fotografía e debuxo en liña para os máis cativos da casa, e por outro lado, o sorteo de seis vales de compra cun importe de 50 euros cada un entre os compradores das tendas asociadas a ACIA Burela que acumulen máis de 10 euros nas súas compras. 

O concurso en liña contará con tres categorías por idade: de 5 a 8 anos, de 9 a 12, e de 13 a 16 anos; en dúas modalidades: debuxo e fotografía. Os premios serán de 40, 20 e 15 euros, dependo do posto acadado. Os participantes teñen ata o 15 de setembro para poder participar e os gañadores serán aqueles debuxos ou fotos que máis like’s obteñan nas redes sociais de ACIA Burela (tanto Facebook como Instagram). 

Por outra banda, o...

leer más
Etiquetas:
09/05/2019

O colexio ribadense Sagrado Corazón de Jesús recupera a Festa das Familias, con motivo da celebración do 50º aniversario do centro nas súas actuais instalacións da rúa Carlos III. O evento terá lugar na área recreativa de Santa Cruz este sábado, día 11.

Desde a dirección do colexio Sagrado Corazón anuncian que “con motivo da celebración do 50 aniversario do noso centro queremos retomar a Festa das Familias, coa que antes celebrabamos a fin do curso e que agora será unha xornada de confraternidade da comunidade educativa. Por iso convocamos o sábado 11 de maio en Santa Cruz ó redor das 14:00 horas a todas as familias e grupos (de alumnos, ex alumnos, profesores, amigos,...) que queirades acompañarnos. Lembrade levar todo o necesario, xa que en Santa Cruz non se dispón do servizo de bar na actualidade. Ás 17:00 horas todos/as pequenos/as...

leer más
17/02/2018

O vindeiro luns, 19 de febreiro, terá lugar no colexio Sagrado Corazón, de Ribadeo, unha xornada de portas para a dar a coñecer as instalacións, as actividades e o funcionamento do centro. Será de 10 da mañá a tres e media da tarde. 

O Sagrado Corarón atópase situado na rúa Carlos III, nº 4. O seu teléfono é o 982 128 415 e a web wwwcsagradocorazon.es 

Solidaridade
O pasado día 6 de febreiro levouse a cabo no colexio Sagrado Corazón de Ribadeo a "Operación Bocata" na que participaron os rapaces de todas as etapas:  Infantil, Primaria e Secundaria. En total foron recadados 1600 euros que se doaron a Manos Unidas para loitar contra a fame a través da campaña "Comparte o que importa".