A programación de Nadal en Xove desenvolverase do 14 de decembro ao 5 de xaneiro. Haberá música, teatro, deporte...

O programa de Nadal organizado polo Concello de Xove comezará o sábado, 14 de decembro, coa vídeoproxección fotográfica Clic, que terá lugar  no salón de actos do Centro Cívico, ás 19:00 horas. O domingo 15, celebrarase a presentación do documental A baleeira de Morás, ás 19:00 horas, no salón de actos do Centro Cívico.
 
O venres 20 haberá música en vivo con Crooner CR, ás 23:00 horas, no pavillón municipal de deportes. O sábado 21 procederase á inauguración do Nadal, a partir das 19:00 horas, no pavillón coa chegada de Papá Noel; o domingo 22, ás 19:00 horas, no salón de actos do Centro Cívico, haberá teatro infantil co grupo Adala de Fazouro, que representará Que cousas pasan no Camiño.
 
Os días 23, 24, 26 e 27 de decembro terá lugar a Semana Lecer Blanco. O prazo para inscribirse remata o 20 de decembro e está organizada pola ANPA do CEIP Pedro Caselles Rollán. A actividade é só para socios da ANPA e o custo será de 20€.
 
O venres 27 celebrarase o Gran Concerto de Nadal a cargo da Orquestra Clásica de Xove, ás 19:00 horas, no salón de actos do Centro Cívico. O sábado 28, ás 21:30 horas, no pavillón de deportes terá lugar o IX Concurso de Karaoke, o prazo de inscrición remata o día 27. Ademais o venres 27 e o sábado 28 disputarase o II Torneo de Bádminton Concello de Xove no pavillón do CEIP Pedro Caselles Rollán. A inscrición remata o día 24. O domingo 29, ás 19:00 horas, no salón de actos do Centro Cívico ofrecerán un concerto Os tres amigos do acordeón: Herminio, Modesto e José. O día 31, ás 11:00 horas, no pavillón municipal de deportes celebrarase unha Festa Infantil de Fin de Ano.
 
O venres 3 de xaneiro de 2020, ás 19:00 horas, no salón de actos do Centro Cívico o grupo Teatro Aspanane de Viveiro porá en escena Cegos e elefante e O pícaro de Viveiro.
 
O sábado 4 de xaneiro celebrarase o Día do Neno no parque infantil Diverneno onde haberá xogos acuáticos na piscina municipal e, pola tarde, inchables no pavillón municipal de deportes.
 
O domingo 5 de xaneiro, ás 19:00 horas, sairá a Cabalgata de Reis que percorrerá a rúas de Xove. As persoas voluntarias que queiran participar na Cabalgata terán ata o día 27 de decembro para anotarse, chamando á OMIX (982 57 18 16).
 
Neste Nadal tamén se desenvolve a campaña Xove Solidario coa recollida na OMIX de tapóns de plástico de calquera envase para colaborar coa Fundación Seur, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
 
O Concello de Xove organiza estas actividades, mediante as súas Concellerías de Cultura e de Deportes e da OMIX, e contou coa colaboración de Veciños/as e Voluntarios/as de todo o concello, as asociacións Bolboretas e A Medela e a ANPA Pedro Caselles Rollán.