O Concello de O Vicedo continúa coa súa programación de Nadal coa actuación do Mago Deimi, que terá lugar o vindeiro domingo, 3 de xaneiro, ás 18:00 horas na Casa da Cultura.
Trátase dun espectáculo de maxia variada e divertida, moi dinámica e cun toque de humor e desenfado que encaixa á perfección co público familiar. Destaca a técnica deste mago con moita experiencia e dilatada traxectoria en cartomaxia, manipulación, escapismo, mentalismo, levitacións, aparicións e desaparicións, maxia con lume e transformacións, entre outros. Toda a montaxe está acompañada de grandes doses de retranca e música de fondo para marcar o ritmo dun espectáculo no que é fundamental a participación do público.
Manteranse as medidas establecidas por Sanidade e o aforo estará limitado a 60 persoas ás que se lles vai ir asignando butaca seguindo a orde de chegada.
Colabora na organización deste evento, a Deputación de Lugo a través de Vicepresidencia.