Orquestral
A trixésimo cuarta edición do Curso de Formación Orquestral de Semana Santa celebrarase en Xove do 12 ao 16 de abril. Está organizado pola asociación Prestoxove co patrocinio do Concello.
Este evento foi presentado por Demetrio Salgueiro (alcalde de Xove), María Dolores Meitín (concelleira de Cultura), Xan Carballal (presidente da asociación Prestoxove) e Xulia Nogueira (tesoureira do colectivo organizador).
Desenvolverase no salón de actos do Centro Cívico de Xove. O martes 15 de abril ás 18:00 horas haberá un concerto de cámara e o mércores 16 de abril ás 19:00 horas un concerto de clausura.
Dirixe o curso Xan Carballal e os profesores invitados son Nazaret Canosa, Mila García e Sofía Canoura.
O XXXIII Curso de Formación Orquestral de Xove desenvolverase do 23 ao 27 de marzo e foi presentado cun acto no que participaron o alcalde, Demetrio Salgueiro; a concelleira de Cultura, Dolores Meitín; e o director da actividade, Xan Carballal.
A organización anuncia que “esta 33ª edición do Curso de Formación Orquestral introduce unha gran novidade, xa que a temática será en formato de conto musical, que compartirá tamén coa organización e traballo de grupos de música de cámara. Tanto o texto coma a música foi elaborado para a 33ª edición do Curso de Formación Orquestral de Semana Santa que organiza a asociación Prestoxove baixo o patrocinio do Concello de Xove. A música do conto está composta por Xan Carballal (director do curso de Formación Orquestral) e a lírica composta por Xulia Nogueira (directora da Escola Municipal de Música de Xove). Nesta...