Viveiro
O Concello de Viveiro acolleu a presentación da 40ª Feira de Artesanía, que se celebrará nos xardíns Noriega Varela entre os días 9 e 18 de agosto.
A feira, organizada polo Concello de Viveiro e a asociación PROA, celebra o seu 40 aniversario, consolidándose como unha das máis antigas de Galicia.
Haberá decenas de postos, coa presenza de numerosos profesionais da artesanía e nos que haberá obradoiros e demostracións do oficio.
Con motivo dos catro decenios de actividade da feira o acto de inauguración contará coa colaboración de Carlos Nuevo, Cronista Oficial de Viveiro, e da asociación folclórica Bágoas da Terra.
Haberá tamén unha exposición sobre a feira realizada con motivo do aniversario na sala traseira do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, co obxectivo de poñer en valor a historia do evento.
CARTELERA CINES VIVEIRO HASTA EL 18 DE AGOSTO
DEL VIERNES 2 AL JUEVES 8
-Del revés 2 – 18:15 horas
-Padre no hay más que uno 4 – 21:00 horas
-Deadpool y Lobezno – 18:00 y 21:00 horas
-Gru 4 mi villano favorito – 18:30 horas
-Twisters – 21:00 horas
Con esta iniciativa, o Concello busca, en palabras da concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, "converter o atrio de Santa María no escenario de fermosos contos que farán voar a imaxinación das nenas e nenos".
A Ruada de Contos terá lugar ao longo de dúas xornadas, sempre no atrio de Santa María, e en caso de choiva, desenvolverase na Biblioteca Municipal.
A primeira será o martes, 6 de agosto, ás 19:00, con 'A vendedora de fume', a cargo de Cris Collazo. A segunda xornada será o día seguinte, o mércores 7 de agosto, tamén ás 19:00. Será a quenda de 'Cacho animalada', da man de Vero Rilo.
Viveiro homenaxeará ao músico Óscar Fedez cun concerto que se celebrará o día 9 de agosto, venres, desde as 21:00 horas na Praza Maior.
Neste concerto homenaxe actuarán Eu son band, Back in town, El Chigri, Jjadrio, Yuno, La mala vida, Leo Salinas, Joni Ramos e True Mountains. E haberá venda de merchandising co fin de recadar diñeiro para a Asociación Española Contra o Cancro.
O homenaxeado é o músico mariñán Óscar Fernández González, natural de Galdo (Viveiro) e coñecido artisticamente como Óscar Fedez, que faleceu en outubro de 2023, aos 37 años de idade, debido a unha grave enfermidade.
O Concello de Viveiro anunciou a programación completa das Festas Patronais, con numerosas actividades a partir deste xoves, 1 de agosto. Entre os eventos que forman parte desta programación está a Feira da cervexa artesá de Viveiro, o Beer-Veiro Fest, que se desenvolverá entre este xoves e o domingo 4 de agosto nos xardíns Noriega Varela.
Participaron na presentación da Feira da Cervexa Artesá de Viveiro a alcaldesa, María Loureiro, e a concelleira de Cultura, Lara Fernández. "A Feira da Cervexa Artesá será un dos eventos máis sinalados das festas, dando comezo a unha programación moi diversa e para todos os gustos", sinala a rexedora.
O Concello de Viveiro anuncia unha nova edición do concurso de karaoke "Viveiro Canta", enmarcado no programa das Festas Patronais de Viveiro. Será o día 7 de agosto ás 21:00 na Praza Maior.
A terceira edición do "Viveiro Canta" está de novo dirixida ao público de todas as idades, e terá dúas categorías, unha infantil e xuvenil e outra adulta. Un xurado profesional decidirá os gañadores do certame e entregará premios en cada categoría.
As prazas para participar no certame son limitadas, polo que será necesario realizar unha inscrición previa. Esta poderá ser realizada no teléfono 982560162 ou no correo electrónico rbg.cultura@viveiro.es. Deberán facilitarse os seguintes datos: nome, apelidos, idade, teléfono de contacto, canción que se cantará e autoría da mesma. ...
leer másAs celebracións comezarán este xoves, 1 de agosto, coa inauguración da Feira da Cervexa Artesanal de Viveiro nos xardíns Noriega Varela, a colecta da AECC en diferentes puntos da vila, a exposición de indumentarias do Camiño de Santiago na Biblioteca Municipal, e o comezo da XLIV Mostra Folclórica Internacional na praza maior.
A alcaldesa María Loureiro destaca "a aposta polos grupos locais e do Conservatorio de Viveiro nas festas”. O 9 de agosto celebrarase unha emotiva homenaxe a Óscar Fernández, músico e profesor do Conservatorio falecido o pasado mes de outubro e moi querido en Viveiro.
Nos días seguintes haberá tamén diversos concertos, exposicións, eventos deportivos e outras actividades. O 14 de agosto terá lugar a lectura do pregón no balcón da Biblioteca Municipal, dando paso aos días grandes das festas...
leer másEste domingo, día 4 de agosto, ás 11:00 horas haberá en Viveiro unha marcha de 5 quilómetros, con saída dende Fonte de Covas e chegada na Praza do Náufrago, en Celeiro, organizada pola Asociación Española Contra o Cancro en Lugo.
A organización anuncia que “ao finalizar a marcha obsequiarase aos asistentes cun tentempé e todo o recadado neste evento irá destinado a seguir mellorando a vida dos pacientes con cancro e as sÚas familias, e impulsar a investigación oncolóxica para conseguir un 70 por cento de supervivencia no ano 2030. ¡Inscríbete en https://enmarcha.contraelcancer.es/.../viveiro-en-marcha... e disfruta...
leer másCARTELERA DE CINES VIVEIRO HASTA EL 2 DE AGOSTO
DEL VIERNES 26 DE JULIO AL VIERNES 2 AGOSTO
-Del revés 2 – 18:15 horas
-Padre no hay más que uno 4 – 21:00 horas
-Deadpool y Lobezno – 18:00 y 21:00 horas
-Fly me to the moon – 21:00 horas
-Gru 4 mi villano favorito – 18:30 horas
Viveiro acollerá o día 8 de agosto, xoves, a VIII Carreira Popular de Viveiro #TodosConAdry, que servirá para homenaxear ao atleta Adrián Ben no marco das Olimpíadas de París 2024.
O día 8 desde ás 20:00 horas na Praza Maior celebraranse as carreiras nas categorías Pitufos (2017 e posteriores); Sub10 (2015-2016); Sub12 (2013-2014); Sub16 (2009-2010); Sub14 (2011-2012), e Absoluta (2008 e anteriores).
A alcaldesa, María Loureiro, convida á veciñanza "a participar neste evento, que conta con categorías para todas as idades co obxectivo de promover o deporte para toda a familia".
Loureiro quixo desexar "todos os éxitos a Adrián Ben nesta nova cita olímpica, na que de seguro fará, como sempre, unha actuación espectacular".
Máis información en...
leer más