O ceramista Alfonso Otero Regal celebra este domingo, día 17 de novembro, entre as 10 e as 14 horas, un curso de iniciación a cerámica raku. Será no seu taller de Xunqueira (Viveiro).
Otero Regal explica: “as pezas para raku realizaranse en varias técnicas, tales como torno, placas, churros, pellizco, golpeteo, etcétera. Faremos tamén unha cocción de pezas en raku realizadas por alumnos de cursos anteriores. Este primeiro curso ofrécese gratuíto, o mesmo que as pezas que se creen, que poderán levar os alumnos despois de cocidas”.