Verán
O Concello de Viveiro retoma a celebración do programa estival de visitas guiadas, que terá lugar desde o 1 de xullo ata o 30 de setembro.
O municipio recupera desta forma unha das súas principais actividades turísticas durante os últimos anos, que foi suspendida por precaución durante 2020 e volve con máis percorridos e destinos.
As actividades terán carácter gratuíto e levarán a cabo todos os días da semana. Un dos seus alicientes será a ampla variedade da proposta, que vai desde visitas culturais a roteiros de sendeirismo, pasando por itinerarios panorámicos en múltiples lugares de interese da localidade.
As visitas transcorrerán integramente en espazos abertos e respectaranse os límites de aforo, e en xeral, o normativa socio-sanitaria vixente. Para participar, é necesaria reserva...
leer másO Concello de Barreiros organiza campamentos de verán para nenos e nenas durante os meses de xullo e agosto.
Os organizadores explican que “estes campamentos de verán ofrecen unha diversidade de actividades educativas e lúdico-deportivas que farán que os participantes gocen dunhas mañás moi entretidas e divertidas: talleres de música, robótica, xogos tradicionais e populares, gymkanas, xornada de reciclaxe, xogos cooperativos e con paracaídas, olimpíadas deportivas, xogos de pistas e busca, experimentos científicos, etcétera. Está dirixido a persoas nadas entre 2009 e 2017, inclusive, e desenvolverase do 5 de xullo ao 27 de agosto de luns a venres de 9:30 a 13:30 horas. A sede é o Pavillón Polideportivo Municipal de Barreiros.
O prazo de preinscrición está aberto ata o 15 de xuño e todos os trámites poden...
leer másO Concello de Burela anuncia a apertura do prazo de inscrición nas actividades de verán das que poderán desfrutar as nenas e nenos nados entre os anos 2009 e 2015. Todas serán ao aire libre. Haberá rutas de sendeirismo, xogos na praia, rutas en bicicleta, baloncesto e happy dance. O prezo mensual por actividade será de 8 euros e as follas de inscrición deberán presentarse do 21 ao 23 de xuño na Casa da Xuventude. O día 25 farase pública a lista de admitidos e as actividades comezarán o 28 de xuño e rematarán o 27 de agosto.
O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, explicou que “desde a Delegación de Deportes queremos anunciar o inicio da fecha de inscrición para as actividades deportivas do verán. Este ano temos unha serie de novidades, tamén derivadas da situación na que estamos vivindo. Apostamos polas actividades ao aire libre,...
leer másO Concello de Ourol organiza, un ano máis, a Ludoteca de Verán para nenos e nenas empadroados/as en Ourol con idades comprendidas entre os 4 e 12 anos (cumpridos ó longo deste ano). Esta actividade terá lugar dende o 1 de xullo ata o 31 de agosto de 2021 e realizarase en horario de 10:30 a 13:30 de luns a venres.
O prazo de inscrición comeza o día 10 de xuño e rematará o día 17 do mesmo mes. No caso de quedar prazas vacantes abrirase un prazo de 1 día (18 de xuño para persoas non empadroadas).
As solicitudes realizaranse no Concello (Rexistro/Departamento de Servizos Sociais) a partir das 9:00 horas do día 10 de xuño segundo modelo normalizado. Tamén serán admitidas as solicitudes presentadas por correo electrónico no modelo normalizado (que estará dispoñible na Sede Electrónica do Concello) na seguinte dirección...
leer másO Concello de Cervo pon en marcha unha nova edición do programa Cervo Concilia co obxectivo de favorecer a conciliación das familias nos meses de verán.
Así o anunciou hoxe a edil de Educación, Dolores García, Caramés, que fixo especial fincapé en que as actividades estarán adaptadas á situación sanitaria actual, fixando grupos reducidos, e cumprindo estritamente todas as medidas de prevención fronte ao COVID-19.
Caramés explicou que “somos conscientes das dificultades que se atopan moitas veces as familias para poder compatibilizar as súas obrigas laborais co coidado dos pequenos/as, sobre todo durante o período estival, coincidindo coas vacacións escolares, “por iso apostamos por recuperar o noso programa Cervo Concilia, que tradicionalmente ten unha gran acollida, e traballamos para buscar fórmulas que nos...
leer másDo 1 de xullo ao 26 de agosto terá lugar unha nova edición da Ocioteca de Verán do Concello de Burela. Toñi Eijo, concelleira de Medio Ambiente, subliñou que ten como obxectivo axudas ás familias a conciliar a vida laboral e familiar durante a época estival.
Eijo explicou que “a Delegación de Medio Ambiente oferta un ano máis as actividades de verán, durante os meses de xullo e agosto, para as nenas e os nenos de infantil e de primaria co obxectivo de axudar ás familias a conciliar a vida laboral e familiar durante a época estival”.
A edil de Medio Ambiente dixo que “as actividades da Ocioteca de Verán 2021 levaranse a cabo no Ceip Virxe do Carme. Comezarán o 1 de xullo e rematarán o 26 de agosto en horario de 9 a 13:30 horas”.
Toñi Eijo engadiu que “as bases e a folla de inscrición...
leer másA Concellaría de Igualdade, Ensino e Mocidade ven de presentar as actividades que organiza para este verán. As inscricións ábrense o día 7 de xuño e deberán facerse na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), na Casa da Xuventude. Haberá Vacacións Activas, Ribadeo Mocidade Urbana e Conectividade en Ribadeo. En toda a programación terán preferencia as nenas e nenos empadroados e escolarizados en Ribadeo, con idades entre os 4 e 16 anos.
A concelleira de Igualdade, Ensino e Mocidade, Mariluz Álvarez Lastra, dixo: “queremos presentar as actividades deste verán 2021, despois da pandemia e da suspensión do ano pasado. Imos intentar facelas este ano de acordo co protocolo covid e tendo en conta as medidas hixiénico sanitarias que nos marquen no seu momento e que están vixentes no día de hoxe”.
A edil ribadense...
leer másA Concellaría de Deportes de Ribadeo abre este mércores, 2 de xuño, o prazo de inscrición para as escolas deportivas de verán 2021. Ofértanse 90 prazas de catro disciplinas: pesca deportiva, piragüismo, surf e vela. Están destinadas a nenas e nenos nados entre os anos 2006 e 2013. A cota é de 40 euros.
O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, anunciou que “na Área de Deportes a partir do mércores, 2 de xuño, se abre o prazo de inscrición para as escolas deportivas de verán de 2021. As disciplinas serán: pesca deportiva, piragüismo, surf e vela. Son en torno a 90 prazas en total nas catro modalidades. As inscricións abriranse ese día 2 e terán preferencia os empadroados ou escolarizados en Ribadeo e nacidos do 2006 ao 2013”.
O edil dixo que “queremos dar as grazas aos clubs, tanto ao de pesca deportiva como de piragüismo, de surf e de...
As Concellerías de Turismo e Medio Ambiente presentaron o calendario das Xeorutas do verán de 2021, que se desenvolverán durante 22 días desde principios de xullo ata mediados de setembro.
O edil Ramiro Fernández Rey explicou que “desde as Delegacións de Medio Ambiente e de Turismo vimos de presentar as Xeorutas deste verán de 2021. Este ano decidimos apostar fortemente por este tipo de turismo activo, xa que as edicións anteriores deron uns resultados moi bos estas actividades. Neste 2021 decidimos reforzar as Xeorutas. Imos ter dúas semanais desde xullo ata setembro e en total serán 22 días de rutas durante todo o verán”.
O concelleiro de Turismo contou que “esta é unha das principais novidades que imos ter no ámbito turístico durante este ano, pero estamos planificando outras actividades, que agardamos que...
leer másO Concello de Trabada abriu este venres, 28 de maio, e ata o 11 de xuño o prazo de inscrición nos seus Campamentos Urbanos de Verán 2021, co obxectivo prioritario de axudar ás familias a conciliar a vida persoal e laboral.
O Concello inclúe estes campamentos dentro das medidas sociais dirixidas a consolidar nova poboación no municipio, establecendo unhas bases que dan preferencia a determinadas necesidades familiares.
“Cunha clara intención de protección social, daremos prioridade ás familias monoparentais, numerosas e ás familias nas que os dous proxenitores traballen, dándolles un servizo de atención e coidado aos menores coa finalidade de compatibilizar o período non lectivo coa xornada laboral”, explica a alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez.
A preinscrición será...
leer más