Verán

Etiquetas:
23/07/2021

O Concello de Trabada organiza diversas actividades dentro do seu programa Verán 2021.

O día 28 de xullo ás 12:30 horas o grupo Gazafelhos representará A illa sen tesouro.

En agosto, o día 13 ás 12:30 horas Bandullo Azul presentará Filipa cos contos. O día 14 ás 18:00 horas actuarán o Mago Xacobe e Kayto con 2 Magos alokaytos; e ás 22:00 horas haberá Cine na Rúa coa película O que arde.

O día 15 ás 14:00 horas ofrecerá un concerto a Banda de Música Municipal de Ribadeo; ás 18:00 horas, Viravolta Títeres presentará A maleta de don Attilio; e ás 22:00 horas, no ciclo Cine na Rúa, proxectarase a película Cuñados. 

O día 16 ás 14:00 horas actuará a agrupación O Arco da Vella; e ás 18:00 horas, Pakolas presentará Cores, contos e Rock´n´Roll con Ramona Órbita....

leer más
22/07/2021

Cine ao aire libre, teatro, danza, música e xogos acuáticos no Pozo do Ola serán algúns dos protagonistas das actividades de verán que organiza o Concello da Pontenova. “Presentamos unha ampla selección de actividades nas que poden participar toda a familia, ademais este programa que se celebrará dende finais de xullo e agosto é completamente gratuíto” dixo Campos Conde.

“Quero lembrar que esta programación ao aire libre está adaptada ás actuais condicións sanitarias, e respectaranse escrupulosamente as medidas sanitarias preventivas fronte aos contaxios por covid-19. Non podemos baixar a garda”, avanzou o rexedor.

Programación
A escola Municipal de Teatro da Pontenova inaugura a tempada estival co “Misterio da Via Rexia”, a cita será 23 de xullo ás 23.00 horas. O día 24 haberá cine ao aire libre coa...

leer más
Etiquetas:
21/07/2021

O Concello de Cervo organiza diversas actividades nos programas das Noites Alternativas e Enredando no Verán para os meses de xullo e agosto.

Os días 24 de xullo e 7, 8, 21 e 22 de agosto haberá aluguer de bicicletas eléctricas, na praza dos Campos en San Ciprián, en horario de 11:30-14:00 horas e de 16:30-20:00 h. Esta actividade é para todas as idades.

Os días 31 de xullo e 1, 14, 15, 28 e 29 de agosto están programadas rutas con guía turístico para todas as idades.

Os días 27 de xullo e 3, 10, 17 e 24 de agosto desenvolveranse clases de ioga para as crianzas de 6 a 9 anos. Ademais os días 29 de xullo e 5, 12, 19 e 26 de agosto estas clases de ioga estarán dirixidas a crianzas de 10 a 12 anos.

Tamén haberá neste mes de xullo teatro, o 22; circo, o 26; noite de...

leer más
Etiquetas:
14/07/2021

A alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, aproveitou a súa visita aos nenos e nenas que participan no campamento de verán para anunciar a programación cultural, que durante as próximas semanas levará ao concello espectáculos para todas as idades.

A propia alcaldesa tramitou unha nova subvención da Xunta de Galicia que se aprobaba por orde de entrada das solicitudes, ás doce da noite, para que os espectáculos do programa ‘Cultura no Camiño’ cheguen a Trabada. O concello aportará 1.580 euros e a Xunta 6.000 euros.

‘Cultura no Camiño’ é un programa financiado por Agadic e Agatur que se celebra nos concellos gallegos polos que pasa algunha das rutas recoñecidas. 

A praza do Concello de Trabada será o escenario de varios espectáculos de música, teatro, danza, maxia e novo circo (o...

leer más
Etiquetas:
07/07/2021

O Concello de Cervo volve apostar para os meses de xullo e agosto polas Noites Alternativas e polo programa Enredando no Verán, adaptando as actividades á situación sanitaria e priorizando as iniciativas individuais e ao aire libre.

Os programas comezaron esta mesma semana e contemplan un amplo abanico de posibilidades pensadas para todos os públicos. 

Este mesmo xoves, por exemplo, terá lugar a proxección do filme “Cuñados” ás 22:30 horas, na Praza do Lugar en San Ciprián. A actividade é de balde e o aforo é limitado. As persoas interesadas en asistir deben anotarse no mesmo lugar do evento ás 22:00 horas.

A axenda das Noites Alternativas tamén contempla rutas en Kaiak, rutas nocturnas en bici, paddle surf, maxia, teatro, deportes de aventura, aerofit, rutas de sendeirismo, noites de...

leer más
Etiquetas:
02/07/2021

O Concello de O Vicedo presentou a súa programación sociocultural para este mes de xullo que dará comezo o vindeiro luns, día 5 de xullo, coa semana gratuíta de iniciación ao kaiak para xoves do Vicedo de 10 a 18 anos.

O día 7 de xullo ás 16:30 horas terá lugar a presentación dos mércores de natureza con táboas paddle sup e kaiaks pola costa de O Vicedo. O punto de encontro estará na praia de Arealonga. A idade mínima dos participantes é de 12 anos e haberá un prezo especial de inicio de 10 euros.

O 14 de xullo ás 22:30 horas celebrarase unha ruta de sendeirismo nocturna que discorrerá pola Ponte sobre o río Sor, Vicedo e Xilloi, cunha lonxitude de 7 quilómetros. A saída será desde a Ponte e opcionalmente, ao remate, haberá un chocolate/refresco/cervexa en Merendero Los Árboles. O prezo será 2 euros por persoa....

leer más
Etiquetas:
02/07/2021

A Concellaría de Cultura presentou a programación para este verán que dará comezo hoxe cun espectáculo de danza, en Rinlo. Ademais, a segunda fin de semana de xullo, haberá cine sobre Emigración galega. Cultura de partida, culturas de destinos e tamén teatro de rúa en cinco localizacións da vila. Teatro, exposicións, actividades para as crianzas, concertos da Banda Municipal de Música, dous novos concertos do proxecto Versión Fin, en Rinlo e en Cedofeita, ou a actuación de Xacarandaina son outras das propostas para o terceiro trimestre do ano en Ribadeo. 

Pilar Otero anunciou que “comezamos a nosa programación cultural de verán en Rinlo, ao abeiro dos actos programados polo Xacobeo 2021-2022 da Xunta de Galicia, con Propulsa, unha proposta de danza para as oito e media, na praza desta vila mariñeira tan emblemática. Actuarán tres compañías...

leer más
Etiquetas:
25/06/2021

A Escola Municipal de Música de Burela organiza o XI Curso de Verán que se desenvolverá do 30 de xuño ao 16 de xullo. Os primeiros días os rapaces e rapazas participarán no xogo musical Na búsqueda do Torques e do 12 ao 16 de xullo terán lugar os Cursos de Banda e de Jazz. A programación da Escola de Música de Burela foi presentada esta mañá e ao acto asistiron, entre outros, o alcalde, Alfredo Llano, o concelleiro de Cultura, José Díaz, e o director da Escola, Xan Carballal. 

O director da Escola Municipal de Música de Burela, Xan Carballal, anunciou que “as actividades para este verán se van desenvolver na primeira quincena do mes de xullo e están divididas en dúas partes. A primeira parte será do 30 de xuño ao 4 de xullo e consistirá nun xogo baseado nun traballo que desenvolvemos fai anos A viaxe de Brandán. Agora démoslle unha volta a...

leer más
Etiquetas:
20/06/2021

O Concello de Riotorto organiza o Campamento de Verán 2021, dirixido a nenos e nenas de 3 a 14 anos. Vaise desenvolver do 2 ao 7 de agosto. 

As persoas interesadas poden inscribirse na Casa do Concello, no número de teléfono 982 346 222, ata o 30 de xullo. O número de prazas é limitado a 30 participantes. O prezo é 30 euros para os empadroados no concello e 50 para os non empadroados.

A actividade terá lugar dos días 2 ao 7 de agosto (ambos incluídos), en horario de 10:00 a 14:00.

No campamento, adaptado á normativa actual fronte ao covid 19, desenvolveranse obradoiros, excursións, xincanas, multideporte, busca do tesouro e outras sorpresas.

 

Etiquetas:
18/06/2021

A oferta deportiva no Concello de Barreiros incrementase nos meses de xullo e agosto con máis de 100 prazas para diversas actividades como Ioga, Zumba e Jumping Fitness, tanto para mocidade (de 13 a 17 anos) como para xente adulta (maiores de 18) na que será, segundo Dani García, concelleiro de deportes,“o punto de saída cara a vindeira programación anual de actividades deportivas para todas as idades”.

As actividades terán lugar no pavillón municipal de San Cosme e estarán impartidas por Lorena Díaz e Noemí Ramajo. Terán un prezo de 15 euros ó mes cada unha delas. “Apostamos así por actividades mais novidosas como o jumping fitness, no cal se utilizan camas elásticas para realizar distintas coreografías mediante saltos, e tamén, por actividades máis coñecidas como son zumba e ioga. Todas elas se adaptarán ás distintas idades e cabe a...

leer más