Verán
O Concello de Ourol organiza, un ano máis, a Ludoteca de Verán para nenos e nenas empadroados/as en Ourol con idades comprendidas entre os 4 e 12 anos (cumpridos ó longo deste ano). Esta actividade terá lugar dende o 1 de xullo ata o 31 de agosto de 2021 e realizarase en horario de 10:30 a 13:30 de luns a venres.
O prazo de inscrición comezou o día 15 de xuño e rematará o día 23 do mesmo mes. No caso de quedar prazas vacantes abrirase un prazo de 1 día (27 de xuño) para persoas non empadroadas. As solicitudes realizaranse no Concello (Rexistro/Departamento de Servizos Sociais) a partir das 9:00 horas do día 15 de xuño segundo modelo normalizado. Tamén serán admitidas as solicitudes presentadas por correo electrónico no modelo normalizado (que estará dispoñible na Sede Electrónica do Concello) na seguinte dirección:...
leer másO Concello de Viveiro anuncia o comezo do programa estival de visitas guiadas, que terá lugar desde este luns, 20 de xuño, ata o 18 de setembro.
As actividades terán carácter gratuíto e se levarán a cabo todos os días da semana. Un dos seus alicientes será a ampla variedade da proposta, que vai desde visitas culturais a roteiros de sendeirismo, pasando por itinerarios panorámicos en múltiples lugares de interese do concello.
En concreto, haberá dous percorridos no Vivertren (Souto da Retorta os luns e a Área Etnográfica da Insua os domingos); dúas rutas de sendeirismo (Muíños de Balea os mércores; Monte San Roque os venres), e tres visitas polo casco histórico, nas que se propoñen distintas temáticas (o antigo recinto amurallado os martes, os barrios gremiais os xoves, e os séculos XIX e XX os sábados).
... leer másO Campamento de Verán do Concello de Mondoñedo, dirixido a nenas e nenos de 3 a 12 anos, desenvolverase do 23 de xuño ao 7 de setembro.
As inscricións estarán abertas ata o 17 de xuño nas oficinas de Servizos Sociais, situadas no baixo do Concello, con cita previa. As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ao teléfono: 982 52 40 03 Extensión 8
O Concello de Burela organiza a Ocioteca Verán 2022 co fin de conciliar a vida laboral, familiar e persoal no período de vacacións escolares, nos meses de xullo e agosto, no que se farán actividades lúdicas, deportivas e culturais dirixidas ao alumnado que estea matriculado no curso escolar 2021-2022 no segundo ciclo de Educación Infantil e toda a Primaria. Ademais para poder participar nestas actividades é requisito obrigatorio estar empadroado no Concello de Burela.
O programa desenvolverase do 1 de xullo ao 24 de agosto de luns a venres, agás festivos de 9:00 a 13:30 horas. As actividades levaranse a cabo nas instalacións do CEIP Virxe do Carme.
En primeiro lugar seleccionarase aos nenos e nenas daquelas unidades familiares na que ambos proxenitores teñan vixente unha relación laboral ou estean realizando un...
leer másO Concello de Viveiro informa que o vindeiro luns, 13 de xuño, ábrese o prazo para inscribirse no Campamento Urbano de Verán 2022, que se desenvolverá dende o 4 de xullo ao 26 de agosto.
“Sabemos o importante que é para as familias poder conciliar na época estival, por iso desde o concello impulsamos esta iniciativa nos meses de verán, con máis prazas e un horario máis amplo que o ano pasado”, asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
“É fundamental polo tanto promover as actividades lúdicas, culturais e deportivas para os máis pequenos, facilitando que os seus pais e nais poidan compatibilizar a vida laboral e familiar”, engade a alcaldesa.
As bases de selección e o modelo de solicitude estarán publicadas no taboleiro de anuncios dixital e na paxina web do concello. O prazo para a...
leer másA Concellaría de Mocidade organiza actividades de verán para a infancia e a xuventude co obxectivo de facilitar a conciliación laboral e familiar. As colonias para nenas e nenos desde infantil ata 6º de primaria serán do 4 ao 29 de xullo. Para a rapazada, a partir de 12 anos, haberá actividades do 11 ao 15 de xullo e unha semana tecnolóxica do 1 ao 5 de agosto. A inscrición para participar nesta programación deberá facerse de xeito presencial do 14 ao 20 de xuño na Casa da Xuventude.
A concelleira de Mocidade, Mariluz Álvarez, anunciou que “dende a Oficina de Información Xuvenil e dende a Área de Igualdade do Concello de Ribadeo queremos dar coñecer as actividades que os nosos rapaces e rapazas e os máis pequeniños van ter durante todo este verán. Volvemos a unha nova normalidade, polo tanto volven con nós as colonias de verán que fixemos...
leer másAs escolas deportivas de verán do Concello de Ribadeo ofertan un total de 91 prazas en catro modalidades: pesca deportiva, piragüismo, surf e vela. O prazo de inscrición estará aberto do 24 ao 31 de maio. En caso de haber máis demanda que prazas ofertadas o acceso será por sorteo, que tería lugar o 2 de xuño. As escolas foron presentadas hoxe polo concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, e polo técnico municipal de Deportes, Iván López.
O edil ribadense dixo que “outro ano máis convocamos as Escolas Deportivas de Verán do Concello de Ribadeo. Hai catro especialidades: pesca deportiva, surf, piragüismo e vela. En total son 91 prazas e a matrícula estará aberta do 24 ao 31 de maio. O prezo da matrícula son 40 euros. Se en calquera desas especialidades hai máis solicitudes que prazas sortearanse o día 2 de xuño”. E engadiu que “as escolas...
leer másA Asociación de Comerciantes, Industria e Autónomos de Burela lanza unha campaña de Fin de Rebaixas para os días 26, 27 e 28 de agosto con grandes descontos nos comercios locais asociados.
Unha magnífica oportunidade para facer as últimas compras da época estival a grandes prezos en produtos da anterior tempada. Esta iniciativa ten dúas vertentes: por un lado, os usuarios dos establecementos de proximidade atoparán prezos irresistibles para mercar os artigos de fin de verán; e, polo outro, os comercios asociados teñen así a oportunidade de darlle saída aos produtos da anterior tempada para así poder traer e expoñer xa os da nova. Polo tanto, esta acción beneficia tanto aos comerciantes como aos visitantes e á veciñanza que pase esta fin de semana pola vila.
Logo deste ano marcado pola pandemia, na que os...
leer más