Verán
A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, oferta na provincia de Lugo 2.235 prazas dentro da campaña de verán 2018; son 80 máis que o ano pasado, o que supón un incremento do 4%
Estes datos foron dados hoxe a coñecer polo delegado territorial, José Manuel Balseiro, durante a presentación da programación de campamentos e campos de traballo para a mocidade que ofrece a Xunta na provincia e que supón un orzamento de 759.487, 75 euros.
Balseiro explicou que dende o 21 de xuño e ata o 30 de agosto sucederanse 26 campamentos, en distintas quendas e agrupados por tramos de idade -poden asistir nenos e nenas dende os 9 aos 17 anos-, que se desenvolverán nas instalacións da Xunta en Viveiro, Portomarín, Ribadeo, Palas de Rei, Lugo, Os Peares e no albergue...
leer másO curso de verán ‘O futuro do patrimonio cultural: o caso da cidade de Mondoñedo’ estrutúrase en 21 horas lectivas e está aberto á participación dun máximo de 60 persoas, que terán como recoñecemento o correspondente diploma acreditativo ademais dun crédito.
Obxectivos do seminario estival
Este seminario estival nace cuns obxectivos moi amplos centrados en analizar o patrimonio cultural da cidade de Mondoñedo, contemplado dende diferentes ópticas, como son o patrimonio histórico, o artístico e o documental.
Ademais, no marco deste curso tamén se reflexionará sobre as oportunidades, fortalezas, debilidades e ameazas do patrimonio cultural derivadas da declaración do Camiño Norte como patrimonio da humanidade.
De igual xeito, neste foro ofreceranse relatorios sobre a dimensión...
leer másO Concello de Cervo, a través da delegación de Xuventude que dirixe Dolores García Caramés, programa diferentes actividades lúdico-culturais para a xuventude durante os meses de xullo e agosto.
Tal e como sinalou Caramés “os rapaces poderán participar nun taller de cómic, no obradoiro dunha webserie, nun taller de graffitis que se desenvolverá nun espazo habilitado na zona da Veiga, nun obradoiro de modelado e animación; e en todo tipo de deportes acuáticos, como son o surf, as rutas en kaiaks, o paddle surf ou a coñecida como banana”.
Son todas elas actividades pensadas para os nosos mozos, para que gocen do tempo de lecer, ao tempo que toman contacto con novas disciplinas que tamén lles poden resultar útiles, nalgúns casos, para o seu futuro profesional”
O programa de Xuventude arrinca...
leer másAs delegacións de Turismo e Medio Ambiente organizan unha nova edición das Xeorutas que se desenvolverán durante os meses de xullo, agosto e setembro ata O Perdouro e ata A Marosa. A actividade, que tan boa acollida tivo o ano pasado, enmárcase dentro do proxecto Entre cantís, que financia o Grupo de Acción Local do sector pesqueiro A Mariña-Ortegal.
A ruta xeolóxica desde Burela ata O Perdouro terá lugar no mes de xullo, os días 2, 11 e 24; en agosto os días 8, 16 e 24; e en setembro os días 8 e 14. A distancia desta ruta son 3 quilómetros entre ida e volta, e ten unha dificultade media.
Segundo explican Ramiro Fernández Rey e Noelia Mª Ben “esta xeoruta permite descubrir o conxunto de pregues mellor conservado de toda Galicia, unhas estruturas xeolóxicas de máis de 300 millóns de anos de antigüidade. Tamén...
leer másA Concellería de Deportes oferta un total de 55 prazas nas actividades de verán para @s nen@s nad@s entre os anos 2005 e 2012 e que se desenvolverán durante os meses de xullo e agosto. A inscrición estará aberta do 26 ao 29 de xuño e a lista de admitidos publicarase o día 30.
O técnico municipal de Deportes, Iván Cao Lucas contou que “presentamos hoxe as actividades de verán que vai haber durante os meses de xullo e agosto. Como en anos anteriores haberá varias como son patinaxe, xogos tradicionais e multideporte, xogos na praia e baloncesto coa axuda do Club Baloncesto Burela”.
O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, explicou que “son actividades que van destinadas para nenos e nenas de Burela nacidos entre os anos 2005 e 2012. A inscrición empezará o vindeiro luns, 26 de xuño, e rematará o 29 e xa o...
leer másA Concellería de Medio Ambiente pon en marcha a Ocioteca, con actividades de verán dirixidas a nen@s empadroad@s neste municipio e nad@s entre os anos 2014-2005. En total son 50 prazas que se distribuirán en dous grupos de nen@s con idades comprendidas desde os 3 aos 12 anos.
O prazo de inscrición ábrese o vindeiro luns, 19 de xuño, e as fichas de inscrición e demais documentación xustificativa deberán entregarse no Concello a partir das 8:00 horas. O período para anotarse remata o 21 de xuño e quen non teña formalizada e entregada a ficha de nas datas indicadas, non poderá asistir ás actividades, segundo informan desde a Concellería de Medio Ambiente.
A edil Noelia Mª Ben subliñou que “cada persoa só poderá entregar as fichas de inscrición dos seus fillos e doutra persoa máis (de outro pai ou nai), ao entender...
leer más