O Concello de Trabada acolle un novo ciclo de teatro no salón da actos da Casa da Cultura con oito obras de novembro a xuño.
‘Arte’, de Hipócrita Teatro, servirá para dar comezo o próximo 2 de novembro aos Ciclos Teatrais 2024/2025 do Concello de Trabada. O salón de actos da Casa da Cultura acollerá unha obra de teatro mensual, con entrada gratuíta e todas o primeiro sábado de cada mes ás 21:00 horas. En decembro, chegará a quenda de ‘Rosalía Café’, do grupo A Adala Futura.
“Unha nova edición dos nosos ciclos de teatro, que cada vez teñen unha mellor aceptación entre os nosos veciños e veciñas, enchendo nalgunha ocasión o salón de actos da Casa da Cultura”, asegura o alcalde de Trabada, Rubén García.
“Desta forma, damos continuidade a esta actividade, dentro dunha programación cultural ao longo do ano con propostas para todas as idades”, engade.