O II Torneo de Bolos en Trabada celebrarse o 13 de outubro

O Concello de Trabada organiza o seu II Torneo de Bolos o día 13 de outubro, domingo. A competición neste deporte tradicional galego terá lugar no Campo de Bolos de Trabada ao longo de todo o día, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

O Concello conta coa colaboración no evento do Club de Bolos Ribatra, que conta con membros dos concellos de Barreiros, Ribadeo e Trabada.

"Con esta iniciativa pretendemos dar máis a coñecer este deporte tradicional que durante tantos anos se xogou na nosa localidade", sinala o alcalde de Trabada, Rubén García, que engade: "seguimos ampliando o abano de actividades deportivas dispoñibles no municipio e dándolle uso a este novo campo, construído polo Concello o ano pasado".

O torneo está aberto a xogadores federados e non federados, na modalidade de bolos en liña con desquite.

O prazo de inscrición rematará o día 9 de outubro. Esta poderá ser realizada nas oficinas municipais ou no número de teléfono do Concello: 982.135.011.