O Concello de Trabada organiza o 10 de novembro unha ruta de sendeirismo pola Fraga da Becerreira

O Concello de Trabada presenta a última das rutas programadas este ano coa colaboración da asociación de sendeirismo Trabada Paso a Paso. O día 10 de novembro, domingo, chega a quenda da Ruta da Fraga da Becerreira, un percorrido de seis quilómetros de dificultade media-baixa.

A saída será ás 10:00 horas desde a Praza do Concello e ó finalizar a ruta haberá comida para tódolos asistentes. As prazas son limitadas e as inscricións pode facerse ata o 5 de novembro no teléfono do Concello: 982.135.011.

Desde xuño ata novembro realizáronse as cinco rutas de sendeirismo coas que se conta no concello de Trabada: Ruta da Subida ó Picato, Ruta da Fraga da Vilapena, Ruta do Vento, Ruta do Monte Roxal-Teixido e Ruta Fraga da Becerreira.

“Quero agradecer a receptividade e a alta participación nas rutas; con esta actividade, organizada conxuntamente polo Concello de Trabada e a asociación de sendeirismo Trabada Paso a Paso, queremos dar a coñecer as nosas rutas e potenciar os hábitos saudables”, explica o alcalde, Rubén García, que engade: “seguiremos apostando en Trabada por este tipo de actividades que combinan deporte e natureza”.