O Concello de Trabada organiza un Campionato de Balinera para o 12 de outubro

O Concello de Trabada organiza o seu primeiro Campionato de Balinera, que terá lugar o día 12 de outubro.

Este primeiro campionato desenvolverase no Complexo Deportivo de Trabada a partir das 11:30 da mañá. Haberá diversos premios para as persoas gañadoras: o primeiro será unha carabina de madeira marca Gamo, o segundo premio será un taladro marca Einhell e o terceiro, un maletín de chaves de vaso marca Irimo.

O Concello contou coa colaboración de Top 10 Ferretería na organización do evento, subministrando esta o material necesario para realizar a competición.

"Con esta nova iniciativa pretendemos ofertar outra nova actividade diferente, para que calquera veciño ou veciña de Trabada a poida desfrutar", sinala o alcalde de Trabada, Rubén García, que engade: Deste xeito, aumentamos o abano de alternativas de deportivas e de ocio dispoñibles no noso municipio".

Ademais despois da competición haberá ás 14:30 horas unha comida no Mesón Norte para as persoas participantes e calquera outra que queira sumarse. Terá un prezo de 25€ por persoa e consistirá en callos, carne asada, postre, café, bebida e pan.

A inscrición poderá ser realizada ata o día 9 de outubro nas oficinas municipais ou no número de teléfono do Concello, o 982.135.011. Será necesario ter polo menos 18 anos para participar.