O Concello de Trabada ofrece clases de bailes de salón os luns desde o 4 de novembro

Desde o día 4 de novembro o pavillón municipal de Trabada acollerá tódolos luns de 19:00 a 20:00 horas clases de bailes de salón.

“Desde o Concello continuamos na liña de ofrecer un completo programa de actividades durante todo o ano, neste caso con bailes de salón para persoas de idades diferentes”, asegura o alcalde de Trabada, Rubén García.

O prezo por persoa é de 30 euros ao mes e a inscrición é individual, non é necesario ir en parella ás clases.

As inscricións poden facerse ata o 28 de outubro nas oficinas municipais ou a través do teléfono 982.13.50.11.