O Concello de Trabada anuncia que na última semana deste mes de setembro dará comezo unha nova edición do programa municipal de terapia ocupacional. O martes 24 empezarán os grupos no centro cívico de Vidal, ás 16:00 horas, e no teleclube de Sante, ás 17:45 horas; o mércores no centro cívico de Valboa, ás 16:00 horas, e na Casa da Cultura de Trabada, ás 17:45 horas; e o xoves 26 de setembro ás 16:00 horas no centro cívico de Vilapena e ás 17:45 horas na escola de Abres.
O alcalde de Trabada, Rubén García, explica: “as persoas maiores son un prioridade para o noso concello e con este programa fomentamos o envellecemento activo, con sesións que producen importantes melloras a nivel funcional e na calidade de vida das persoas participantes. Nos próximos días anunciaremos máis actividades municipais dirixidas a outras idades”.