O Concello de Trabada ofertará a partir do día 3 de outubro dúas novas actividades: zumba e pilates. Serán os xoves de outubro a xuño, con pilates de 18:00 a 19:00 e zumba de 19:00 a 20:00 horas.
Trátase de actividades para todos os públicos a partir dos 11 anos de idade. A inscrición nun dos programas terá un prezo de 30 euros por persoa, e en ambos, de 50 euros. Poderá realizarse nas oficinas municipais ou no teléfono 982.13.50.11. O mínimo de participantes será 8 e a actividade adaptarase ás idades das persoas inscritas.
"Dende o Concello ampliamos o abano de actividades deportivas para todas as idades con estas dúas novas iniciativas", sinala o alcalde de Trabada, Rubén García.