O 13 de outubro haberá en Trabada un percorrido pola ruta do Monte Roxal-Teixido con comida

O Concello de Trabada presenta os detalles dunha nova ruta programada coa colaboración da asociación de sendeirismo Trabada Paso a Paso. O 13 de outubro, domingo, chega a quenda da Ruta do Monte Roxal-Teixido, un percorrido de 8 quilómetros de dificultade media-baixa. A saída será ás 10:00 horas desde a Praza do Concello e ó finalizar a ruta haberá comida para tódolos asistentes.

As prazas son limitadas. As inscricións poden facerse ata o 9 de outubro no teléfono do Concello de Trabada: 982.135.011.

“No Concello estamos moi satisfeitos pola gran acollida que teñen estas rutas, unha actividade de deporte e natureza pola que seguiremos apostando en Trabada”, asegura o alcalde, Rubén García.