Teatro
13/04/2015
O ano pasado a Asociación Cultural A Pomba do Arco levaba a Foz o grupo de teatro Ollomao despois de ter paseado por toda Galiza a obra "Os vellos non deben namorarse". Este ano a mesma asociación quere que Foz volva a disfrutar do teatro de Ollomao.
Este sábado, 18 de abril, ás 18 horas na sala Bahía de Foz, o grupo de teatro da asociación cultural Ollomao representará a súa derradeira obra "Oé, Oé, Oé".
"Oé, Oé, Oé" é unha de teatro escrita por Maxi Rodríguez que se está a representar en toda Europa con gran número de asistentes. Foi estreada en Asturias en 1994, sendo traducida ao galego por Roberto Vidal Bolaño e representada polo grupo “Teatro de aquí”, supoñendo un dos grandes éxitos do teatro galego. A obra de Maxi Rodríguez é...
leer más 09/04/2015
Trátase dunha comedia de 90 minutos de duración, escrita e dirixida por Cándido Pazó. Toño Casais e Artur Trillo forman o elenco artístico.
Unha situación, un conflito, personaxes e diálogo. Catro pés para o banco da comunicación teatral. Hai outros. Pero quixemos probar se chegaba con estes para que o banco se mantivese en pé. “Comidrama”. Xa que o concepto existe, outorguémoslle un nome. Un termo que exprese esa alquimia dramática entre o humor e a emoción, entre a dor e o pracer, entre o divertimento e a reflexión. A espera, un eco beckettiano que chega de lonxe. O fracaso colectivo reverberando metaforicamente.A fraxilidade humana resoando no fondo do precipicio.
A representación terá lugar este sábado ás 20:30 horas no Teatro...
leer más 09/04/2015
A Concellería de Cultura de Burela, a través da Biblioteca Pública Municipal e dentro do programa Ler conta moito, presenta o vindeiro sábado, 11 de abril, á Compañía Elefante Elegante co espectáculo Lobo Bobo, destinado ao público infantil de 3 a 10 anos.
Segundo informan desde a Concellería de Cultura “Gonçalo Guerreiro mestura os contos de sempre para crear unha nova historia na que conviven o cómico e o poético co teatro xestual e a música.Un espectáculo interactivo, onde as marionetas cobran vida nas casas que se irán construíndo diante dos ollos dos espectadores á medida que se narran as novas aventuras dos personaxes dos clásicos infantís. ¿Que pasaría se o lobo de Carrapuchiña se fixese vexetariano? ¿Que acontecería se a madastra de Branca Neve se convertese nun...
leer más 08/04/2015
La Asociación de Vecinos de Lieiro (San Ciprián) organiza las Veladas de Teatro 2015, que tendrán lugar en el local social de Lieiro los días 11 y 18 de abril.
En las mismas participarán dos grupos de teatro del municipio: O Bordelo y Ardora.
O Bordelo pondrá en escena una obra escrita y dirigida por Francisco Piñeiro el próximo sábado, 11 de abril, a las 19 horas. Y Ardora representará “Soños Cumpridos”, el 18 de abril a las 19 horas. La obra está dirigida por Mª Paz Rodríguez Silva y escrita por Francisco Piñeiro.
La entrada es libre. La Asociación de Vecinos de Lieiro cuenta con la colaboración del Concello de Cervo para organizarlas Veladas de Teatro.
07/04/2015
Dentro do ciclo de teatro infantil organizado pola Delegación de Cultura do Concello de Foz, a Sala Bahía acollerá unha nova representación este vindeiro sábado, día 11, ás 18.30 horas.
A compañía Sarabela porá en escena a obra titulada O último dragón, dirixida a nenos e nenas a partir de 5 anos de idade. Terá unha duración de 50 minutos e o prezo da entrada é de 2,5 euros, excepto para os menores de 12 anos, que deberán pagar 1,5 euros.
01/04/2015
O auditorio municipal Hernán Naval acollerá a representación de Pequenos actospPseudorrevolucionarios, que non serven para cambiar o mundo, pero fan que quedemos máis tranquilos.
Esta proposta nos premios María Casares 2013 obtivo o de mellor actriz protagonista Marián Bañobre e mellor texto orixinal para Santiago Cortegoso. Unha comedia aceda e absurda sobre as nosas “revolucións particulares”.
Desde este Movemento Escénico sinalan que “é evidente que nos enganan e nos manipulan. Só interesamos como consumidores ou como votantes, que é o mesmo. ¿Como podemos cambiar esta situación? Pasando á acción. Tomando a revancha pola nosa conta. Non seremos quen de darlle a volta ao sistema, pero podemos darnos pequenos caprichos. Como?...
leer más 26/03/2015
Este domingo, 29 de marzo, haberá teatro en Barreiros. No centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro a partir das 18 horas o grupo O Bordelo representará a obra de Francisco Piñeiro O reparto.
A entrada é gratuíta. E con esta posta en escena “celebraremos o día internacional do teatro”, explican desde o Concello barreirense. A actividade está organizada pola Concellería de Cultura e conta coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo.
17/03/2015
Un dos grupos favoritos d@s nenos e nenas de Ribadeo… Migallas Teatro, chega este venres, 20 de marzo, ao Cine Teatro co espectáculo “Vai ser boa!”
“Vai ser boa!” é un espectáculo baseado no libro-disco “Pan de millo”, editado pola Editorial Kalandraka e coa produción musical a cargo de Paulo Nogueira e Magoia Bodega, do grupo Treixadura. Nel combínanse cancións con accións dramáticas relacionadas coa súa temática. Os temas musicais que se interpretan son: “Pinocho”, “O espantallo divertido”, “Eu teño un canciño”, “Unha vella tiña un can”, “Miña “Abuela Manuela”” e Pan de millo.
A música está gravada (toca unha banda de pulgas) mais as voces solistas son en vivo. Os temas que se tratan, entre outros,...
leer más 16/03/2015
“Oé, Oé, Oé”, a obra de teatro escrita por Maxi Rodríguez, foi a escollida para ser a segunda peza que representará o grupo de teatro do Colectivo Cultural Ollomao de Barreiros no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo, despois do éxito acadado o pasado ano coa súa primeira obra “Os vellos non deben de namorarse”, que xuntou a máis de 400 persoas no Gustavo Freire e máis de 3.000 persoas no seu periplo escénico por toda Galiza.
Ollomao achega a Lugo “Oé, Oé, Oé” despois dunha xira con esta obra por varios concellos da Mariña durante o último ano. Esta montaxe tenta facer reflexionar ao espectador sobre a paixón futbolística como escusa para desviar a nosa atención da crise e demais problemas que nos afectan como sociedade.
Esta...
leer más 13/03/2015
Música, exposicións e actividades para @s máis pequen@s son algunhas das propostas da programación cultural do Concello burelés para a primavera deste 2015. O calendario de actos foi presentado este mediodía pola concelleira Mónica Pedre e polo alcalde, José Mª González Barcia. Todas actividades serán na Casa da Cultura.
O 11 de abril ás 17:30 horas a compañía Elefante Elegante porá en escena o espectáculo Lobo Bobo. O 17 de abril ás 20:30 horas haberá un concerto da Coral Polifónica de Burela. O 18 de abril, de novo ás 17:30 horas, os nenos e as nenas poderán gozar unha obra musical con bonecos a tamaño real. A compañía Educa Teatro chega a Burela co espectáculo Os tres porquiños. E o 25 de abril, tamén ás cinco e media da tarde, haberá...
leer más