O local da asociación de veciños do Burgo de Trasbar acollerá unha representación este sábado, 3 de outubro. Pico do Castro porá en escena "De vello gaiteiro".

O local da asociación de veciños do Burgo de Trasbar acollerá unha representación este sábado, 3 de outubro. Pico do Castro porá en escena "De vello gaiteiro".
 
A asociación de veciños do Burgo de Trasbar, logo de dedicar o verán a organizar as festas patronais, comeza esta fin de semana a abrir o local social para que os veciños podan pasar as tardes das fins de semana. O horario de apertura será o mesmo de sempre, os sábados a partir das 18.00 h e os domingos a partir das 17.00 h. Este horario mantense ata finais do mes de xuño.
Con motivo da apertura do seu “curso”, contarán cunha obra de teatro, que terá lugar este sábado, 3 de outubro, no local social de Trasbar, ás 19.00 h, a cargo do grupo Pico do Castro coa obra “De vello gaiteiro”, unha obra incluída no programa Buxiganga da Deputación de Lugo, con entrada libre.
Esta fin de semana comeza tamén o prazo para inscribirse nos campionatos de tute e de parchís que organiza este colectivo e que van xa pola súa quinta edición. A inscrición é de balde para a xente que teña a condición de socia mentres que para as persoas que non son socias terá un custo de 10 € por persoa. 
Dende a Asociación de veciños do burgo de Trasbar animan a participar a toda a xente nas súas actividades.
Contactos: Pico do Castro, grupo teatro (639 478 541) e Mari Alonso, vicepresidente da asociación (687 550 899)