A XXX Semana de Teatro do Valadouro será do 31 de agosto ao 4 de setembro.

A XXX Semana de Teatro do Valadouro será do 31 de agosto ao 4 de setembro.
 
O Valadouro comeza este luns, 31 de agosto, a súa tradicional cita co teatro na semana previa ás Festas do Oito. Organizadas pola Concellaría de Cultura de O Valadouro, este ano chegan á súa 30ª edición reunindo a cinco grupos de teatro afeccionado, todos procedentes da Mariña menos un.
Todos os espectáculos serán gratuítos e celebraranse ás 22 horas no salón de actos do centro socio-cultural Manuel Lourenzo, en Ferreira. 
A Semana do Teatro comeza o luns 31 coa representación de Os trillizos de Socorro, a cargo de Faro-Miño, de Chantada. O día seguinte, 1 de setembro, é a quenda de Igualdade Virtual, que levará a escena o grupo O Batán, de Cangas de Foz. O día 2, A Adala de Fazouro representa Unha morta… moi viva e o día 3 Axóuxeres de Vilaronte fai o propio con As farturas de Servando. O grupo O Bordelo de Cervo pecha o ciclo coa obra O reparto o día 4. Esa mesma xornada, tamén no centro sociocultural e xusto antes da actuación de O Bordelo, lerá o pregón das Festas do Oito Ramón Gasalla, practicante durante décadas no Valadouro.